Pictichromis paccagnellae, (antes chamado Pseudochromis paccagnellae, que pode aparecer coa ortografía non aceptada Pictichromis paccagellorum) é unha especie de peixe da familia Pseudocromidae común en acuarios. A parte frontal dese peixe é púrpura brillante e a posterior é amarela. Nos acuarios crece ata os 6-7 cm de longo. Defende o seu territorio contra peixes que son varias veces maiores en tamaño, pero convive ben con moitos outros peixes comúns de acuario. Ás veces pode confundirse coa especie Gramma loreto.

O nome específico fai referencia á familia italiana de Bolonia Paccagnella, que eran comerciantes de peixes de acuario e deron o tipo ao autor descritor Herbert R. Axelrod.

Vive no Pacífico oeste: Indonesia (Xava e Sulawesi) ata Vanuatu; Palau en Micronesia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gill, A. C. 2004 (3 de xuño) Revision of the Indo-Pacific dottyback fish subfamily Pseudochrominae (Perciformes: Pseudochromidae). Smithiana Monographs No. 1: 1–213, Pls. 1-12.

Categoría:Actinopterixios Categoría:Animais descritos en 1973