"Drum + Fife" é o terceiro sinxelo do noveno álbum de estudio de The Smashing Pumpkins, Monuments to an Elegy. A canción estreouse a través de NME o 21 de novembro de 2014.

Antecedentes e gravación Nunha entrevista coa NME, Billy Corgan dixo: "'Drum + Fife' foi orixinalmente unha canción folk. Tivemos un problema para quitarlle o seu aspecto case sombrío de balada irlandesa. E debo darlle moito crédito a Tommy Lee, porque foi el quen deu a volta á situación. Sen dicilo, reaccionou dun xeito que me fixo ver que lle parecía un pouco aburrida. A Tommy encántalle a enerxía. Tommy quere sentir emoción. Así que está tocando a canción e di: 'Sei que é unha boa canción, pero simplemente non funciona'. E díxome: 'Impórtache se a retoco?'. E así colleu o ordenador e usou a súa experiencia na música dance, deu un xiro e atopou algúns loops e algúns ritmos e de súpeto pensei... 'wow'. É case como a new wave de mediados dos 80 ou algo así e lembroume un pouco aos primeiros U2 ou Big Country. Ese ritmo aberto fixo que a parte de balada irlandesa da canción cobrase vida e tivese unha calidade máis expansiva e, a partir de aí, volveuse moito máis doado".

A pesar de facer unha reestruturación significativa na canción, a Tommy Lee non lle deron crédito como coautor.

Notas

Categoría:Cancións de The Smashing Pumpkins Categoría:Sinxelos de 2014