"I Sat by the Ocean" é o segundo sinxelo do sexto álbum de estudio, ...Like Clockwork, da banda de rock estadounidense Queens of the Stone Age. Foi lanzado o 6 de agosto de 2013, pouco despois da actuación da banda no festival de música Lollapalooza o 4 de agosto.
O 31 de xullo de 2013, Queens of the Stone Age interpretou a canción no programa de entrevistas nocturno Jimmy Kimmel Live!, xunto co primeiro sinxelo do álbum, "My God Is the Sun".
Notas
Categoría:Cancións de Queens of the Stone Age Categoría:Sinxelos de 2013