Frente Español, foi un partido político español de ultradereita creado en 2002 e que tiña como líderes a Blas Piñar e Jesús López. Organizábase como unha "plataforma" que agrupaba a outras organizacións como FE/La Falange, Fuerza Nueva, España 2000 e os sindicatos da Fuerza Nacional del Trabajo (FNT) de Valencia e Valladolid, así como outras asociacións.

O nome facía referencia a un partido creado a partir dun manifesto o 7 de marzo de 1932, e no que participaban en distinto grao Ortega y Gasset, María Zambrano Alarcón, José Antonio Maravall e Alfonso García Valdecasas entre outros.Soto Carrasco (2012), p. 16 Posteriormente, as iniciais foron tomadas por Falange Española.

Historia O 25 de xaneiro de 2003, unhas 3.000 persoas asistiron ao primeiro acto público da Frente Español en Madrid para defender a unidade nacional e evitar a "fragmentación" do país.

O Frente Español apenas durou seis meses despois do seu lanzamento, dado que a exclusión de España 2000 en abril de 2003 e a saída en xullo do mesmo ano de líderes de Fuerza Nueva para fundar posteriormente Alternativa Española deixaron a plataforma sen substancia, e como resultado disolveuse.

En 2008, debido a conflitos legais coa Falange Española de las JONS, o Frente Español foi refundado, para ser o acrónimo que La Falange Española empregaría con respecto á súa presentación nas eleccións nese mesmo ano e nos anos seguintes ata 2011, ano no que, tras resolverse o devandito conflito, se desintegraría.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

FE/La Falange

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España Categoría:Partidos políticos de extrema dereita de España Categoría:Historia de España do século XXI