As relacións Brasil-Xapón son as relacións exteriores entre o Brasil e o Xapón. As relacións diplomáticas estabelecéronse oficialmente o 5 de novembro de 1895 coa sinatura en París do Tratado de Amizade, Comercio e Navegación. As primeiras relacións estiveron dominadas polos problemas de inmigración xaponesa. O número total de inmigrantes xaponeses chegou aos 190.000 no período anterior á segunda guerra mundial. No presente, máis de 2 millóns de brasileiros teñen ascendencia xaponesa, o que converte ao Brasil en acolledor da maior comunidade xaponesa fóra do Xapón.Lasting legacy of Brazil's Japanese Ao mesmo tempo, o Xapón acolle a terceira maior poboación brasileira, a maioría de ascendencia xaponesa. Ambas as nacións son membros do Grupo dos catro, do G20 e da Organización Mundial do Comercio.

Misións diplomáticas residentes

Do Brasil Tokyo (embaixada)Embassy of Brazil in Japan (in Japanese and Portuguese) Hamamatsu (consulado xeral) Nagoya (consulado xeral)

Do Xapón Brasilia (embaixada) Curitiba (consulado xeral) Manaus (consulado xeral) Recife (consulado xeral) Río de Xaneiro (consulado xeral) São Paulo (consulado xeral) Belém (consulado) Porto Alegre (oficina consular)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Xaponeses no Brasil

Categoría:Relacións bilaterais do Brasil Categoría:Relacións bilaterais do Xapón