Pablo Hervías Ruiz, nado en Logroño o 8 de marzo de 1993, é un futbolista rioxano que xoga na posición de centrocampista.

Traxectoria en clubs Real Sociedad Tras iniciar a súa formación no Peña Balsamaiso CF, en 2005 ingresou nas categorías inferiores da Real Sociedad. Na tempada 2011/12 alcanzou o seu debut sénior coa Real Sociedad de Fútbol B da Segunda Divisón B. En decembro de 2011 renovou contrato co club vasco até 2016.

O debut profesional de Hervías na Primeira División tivo lugar o 19 de abril de 2014, cando foi o subtituto de Chory Castro nun partido da Real Sociedad contra o RCD Espanyol. O 20 de outubro de 2014 anotou o seu primeiro gol co primeiro equipo perante o Getafe Club de Fútbol.

O 8 de maio de 2015 foi cedido ao Club Atlético Osasuna da Segunda División para cubrir a lesión de Jordan Lotiès. No seu primeiro partido foi o substituto de Karim Ansarifard e marcou un gol para unha vitoria por 2-0 contra o Club Deportivo Mirandés.

O 3 de agosto de 2015 comezou unha nova cesión co Real Oviedo. O 10 de agosto de 2016 asinou un contrato temporal dun ano co Elche Club de Fútbol.

Eibar O 5 de xullo de 2017 fichou pola Sociedad Deportiva Eibar. Sete días despois foi cedido ao Real Valladolid. Regresou ao Eibar tras finalizar a tempada 2017/18. O 23 de xaneiro de 2019 comezou unha segunda cesión no Valladolid.

Valladolid O 14 de maio de 2019 foi fichado definitivamente polo Real Valladolid.

Málaga O 12 de agosto de 2022, xa como axente libre, Hervías foi fichado polo Málaga Club de Fútbol por unha tempada con opción a unha segunda.

Bolívar O 28 de decembro de 2022 fíxose oficial o seu traspaso ao Club Bolívar da Primeira División de Bolivia. O 6 de xullo de 2023 chegou a un acordo co equipo boliviano para rescindir o contrato.

Majadahonda O 1 de febreiro de 2024 asinou un contrato até final de tempada co Rayo Majadahonda.

Amorebieta O 14 de xullo de 2024 anunciouse a fichaxe de Hervías pola Sociedad Deportiva Amorebieta.

Pontevedra En xullo de 2025 pasou a formar parte do Pontevedra Club de Fútbol da Primeira Federación. O 29 de decembro de 2025 anunciouse a finalización do seu contrato co club galego.

Traxectoria internacional Hervías foi convocado pola selección de fútbol sub-16 de España en 2009. Coa selección sub-17 participou no Campionato Europeo Sub-17 da UEFA 2010, onde xogou todos os partidos menos un e alcanzou o segundo posto tras perder a final. No ano 2012 foi convocado pola selección sub-19.

Vida persoal Eloy, o pai de Pablo Hervías, xogou no Club Deportivo Logroñés e tamén traballou como árbitro. Rubén, irmán de Pablo, foi futbolista nas categorías rexionais españolas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Pablo Hervías en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Logroño Categoría:Futbolistas da Rioxa Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Club Bolívar Categoría:Xogadores do CF Rayo Majadahonda Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do Pontevedra CF