Chevron Corporation é unha compañía petroleira e enerxética estadounidense herdeira da antiga Socal. en California, após a disolución da Standard Oil en 1911. Ten importantes explotacións de petróleo e gas natural, refinarías de petróleo, e barcos de petróleo.
Nun período de máis de corenta anos, John D. Rockefeller levou a Standard Oil a ser unha das maiores compañías do mundo. Hoxe ten a súa sede en Houston, Texas, e declarou 43.039 empregados en 2025.
Historia A orixe da Chevron está na Pacific Coast Oil Co., integrada en Standard Oil no ano 1900. Logo da desmembración do trust Standard Oil en 1911, a compañía californiana converteuse nunha empresa independente e, en 1926, adoptou o nome de Standard Oil Company of California, coñecida tamén como Socal.esquerda|miniatura|Gasolineira da Chevron mantendo no seu logotipo unha referencia á súa antecesora, Standard Oil, para a protección dos dereitos de marca.Polo seu volume de vendas (27.342 millóns de dólares) ocupou en 1983 o undécimo entre as maiores empresas industriais do mundo da economía de mercado. Nese ano empregou a máis de 40.000 traballadores e logrou uns beneficios de 1.590 millóns de dólares.En 1984 Socal acordou a compra de Gulf Oil por arredor de 13,3 mil millóns de dólares, na altura a maior fusión corporativa da historia. A empresa pasou a operar co nome de Chevron Corporation.
En 1987 ocupou, polo seu volume de vendas (26.015 millóns de dólares), o 23º lugar entre as maiores empresas industriais do mundo en economía de mercado.
En 2001 Chevron fusionouse con Texaco e pasou a chamarse ChevronTexaco.
En 2005 recuperou o nome de Chevron Corporation.
En 2009 foi clasificada pola revista Fortune como a quinta empresa do mundo na lista Global 500 con maior fluxo monetario por volume de ingresos.
Actividades Chevron desenvolve actividades de exploración e produción de petróleo e gas natural, así como de refino, transporte, comercialización de combustibles, lubricantes e produtos químicos. Nos últimos anos tamén declarou o obxectivo de medrar en enerxía renovábel, captura de carbono e outros negocios de menor intensidade de carbono.
Controversias Chevron e algunhas das súas predecesoras estiveron implicadas en polémicas xudiciais, ambientais, fiscais e políticas.
O chamado Great American streetcar scandal afectou a Socal, condenada no caso United States v. National City Lines por conspiración para monopolizar a venda de autobuses, combustible e outras subministracións a compañías de transporte urbano.
Chevron estivo implicada nun litixio ambiental en Ecuador relacionado coas operacións de Texaco na Amazonia entre 1964 e 1992. En 2011 e 2012 a xustiza ecuatoriana condenou a compañía ao pagamento dunha indemnización de 9,5 mil millóns de dólares. Decisións xudiciais nos Estados Unidos e na arbitraxe internacional consideraron que aquela sentenza fora obtida mediante fraude.
Chevron foi obxecto dun litixio en Australia por prezos de transferencia. Os tribunais concluíron que a empresa reducira artificialmente a súa base impoñíbel mediante un préstamo intragrupo de 2,5 mil millóns de dólares australianos cun tipo de xuro anormalmente elevado. En 2017 Chevron chegou a un acordo coa Australian Taxation Office sobre a débeda fiscal duns 340 millóns de dólares australianos.
Chevron foi criticada polo seu papel en Cobasys, a empresa que controlaba dereitos sobre patentes de baterías de níquel-hidruro metálico para automóbiles eléctricos. Nunha demanda antimonopolio presentada en 2026 pola fiscal xeral de Míchigan, alegouse que Chevron pechou o acceso ás baterías e deixou de fabricar ou licenciar esa tecnoloxía.
En 2012, un incendio na refinaría de Richmond, California, provocou un confinamento e levou máis de 15.000 persoas a procurar asistencia médica por irritación respiratoria. En 2018, a EPA, o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos e o Estado de Mississippi anunciaron un acordo con Chevron por presuntas infraccións da Lei do Ar Limpo. A empresa comprometeuse a realizar melloras de seguridade e a asumir sancións e medidas correctoras por uns 160 millóns de dólares.
En Bangladesh, Chevron xerou controversia pola súa prospección sísmica en 2008 no Parque nacional de Lawachara, cuestionada en estudos académicos.
Segundo un cable diplomático divulgado por WikiLeaks, o primeiro ministro iraquí Nuri al-Maliki afirmou que Chevron negociara con Teherán o desenvolvemento dun xacemento transfronteirizo entre Iraq e Irán, a pesar das sancións estadounidenses.
No Brasil, Chevron foi demandada por un derramamento ocorrido en 2011 fronte á costa do Río de Xaneiro. En 2013 un xuíz brasileiro retirou os cargos contra Chevron e Transocean, mais en 2014 un tribunal de apelación restableceu o proceso penal.
En Nixeria, a plataforma KS Endeavour operada por Chevron ardeu en xaneiro de 2012. Dous traballadores desapareceron e foron dados por mortos. Meses despois, unha investigación de Reuters recolleu testemuños de empregados que pediran a evacuación da plataforma antes da explosión; Chevron respondeu que o persoal tiña autoridade para deter os traballos se consideraba inseguras as condicións.
Chevron foi obxecto de críticas polas súas contribucións políticas nos EUA e por ser parte da Global Climate Coalition, un lobby coñecido por cuestionar a ciencia do cambio climático.
Filiais Chevron Global Exploration and Corporate Reserves Chevron Africa & Latin America Exploration & Production Citgo-Venezuela Chevron Asia Pacific Exploration & Production Chevron Eurasia, Europe and Middle East Exploration & Production Chevron North America Exploration & Production
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Combustíbel fósil Coalición Global do Clima Gulf Oil Standard Oil Company Texaco Demanda de Ecuador contra Chevron
Ligazóns externas Sitio oficial Chevron Corporation – Swot Analysis (en inglés) Historia da compañía (en inglés) Multimedia:ligazón=Wikimedia_Commons|20x20px|Commonscat Chevron Corporation
Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América Categoría:Petróleo Categoría:Petroquímica