O Estadio da FAF (en ), tamén coñecido como Nou Estadi a Encamp, é un estadio de fútbol situado na parroquia andorrana de Encamp. Propiedade da Federación Andorrana de Fútbol (FAF), é o estadio nacional da selección de fútbol de Andorra e ademais xogan nel como local o Inter Club d'Escaldes e o FC Andorra.
Inaugurado en 2025, o estadio ten capacidade para 5.108 espectadores.
Historia Construído sobre unha antiga zona de acampada, as obras de construción comezaron en decembro de 2022, e tras varios atrasos finalizaron en 2025, cun custo estimado de 15 millóns de euros.
O primeiro partido oficial que se xogou no estadio foi a final da Copa Constitució de 2025, o 25 de maio dese ano, na que o Inter Club d'Escaldes derrotou o seu rival, o Atlètic Club d'Escaldes por 1-0 perante 684 espectadores. Raúl Feher marcou o primeiro gol no novo estadio. Cinco días despois, o 30 de maio, tivo lugar o primeiro partido internacional no novo estadio, no que a selección feminina de Andorra foi derrotada por Xeorxia nun partido da Liga de Nacións Feminina da UEFA.
O estadio tamén acolleu o FC Andorra nos seus partidos da promoción de ascenso á Primeira Federación contra o Eivisa e a Ponferradina en xuño de 2025, xa que a súa sede habitual, o Estadi Nacional, non estaba dispoñible debido á celebración dos Xogos dos Pequenos Estados de Europa de 2025.
En xullo de 2025, o FC Andorra acordou coa Federación Andorrana de Fútbol o uso do estadio ata maio de 2026. Ademais, o estadio converteuse na sede dos clubs andorranos para os partidos da Liga de Campións da UEFA e da Conference League da UEFA.
Notas
Categoría:FC Andorra Categoría:Estadios de fútbol de Andorra Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata