O Cometa C/2025 K1 (ATLAS) -abreviado como 'K1'- é un cometa caído da nube de Oort,Ssd.jpl.nasa.gov. descuberto en 2025 que se dividiu en varios anacos despois da súa máxima aproximación ó Sol.
Observación
En novembro 2025 o telescopio Hubble captou imaxes da fragmentación co cometa C/2025 K1 (ATLAS) en tres días consecutivos. Documentouse desintegración cometaria nese breve período, a primeira vez que o Hubble evidenciou un cometa no proceso de rotura. Recolléronse cando menos catro pezas da súa fragmentación, cada unha coa súa coma, a cola de gas e po que envolve o xeado núcleo cometario e fragmentos que parecen sobre o fondo a modo de burbullas. As frechas amosan a orientación no ceo. No primeiro panel vense numerados catro obxectos/núcleos planetarios. No segundo, o núcleo maior deu lugar a dous novos, 2a e 2b. No terceiro apréciase a separación que van tomando as pezas, separándose de xeito diagonal.
borda|centro|800x800px|División en fragmentos.
Notas
Categoría:Cometas