Live Facelift é un vídeo de concerto e álbum en directo da banda de rock estadounidense Alice in Chains, publicado orixinalmente en VHS o 30 de xullo de 1991, que contén imaxes en directo de cancións do seu álbum de estrea, Facelift (1990). O video foi gravado no Moore Theatre de Seattle, Washington, o 22 de decembro de 1990, e foi certificado como ouro pola RIAA. O vídeo tamén foi publicado en Laserdisc no Xapón o 25 de outubro de 1991.
Live Facelift foi lanzado en vinilo por primeira vez o 25 de novembro de 2016 por Columbia Records e Legacy Recordings como parte do evento Black Friday do Record Store Day. Só se publicaron 5 000 copias. O 15 de setembro de 2017 o concerto foi lanzado en vinilo vermello nunha edición limitada de só 1 000 copias, cada unha delas cunha reimpresión conmemorativa do cartel que anunciaba a data do concerto.
Listaxe de cancións VHS
Vinilo
Notas
Categoría:Álbums de Alice in Chains Categoría:Álbums musicais de 1991 Categoría:Videos en directo