Women and Economics: A Study of the Economic Relation Between Men and Women as a Factor in Social Evolution é un libro escrito por Charlotte Perkins Gilman e publicado en 1898. Neste libro examina os temas da transformación do matrimonio, a familia e o fogar.

A década de 1890 foi un período de intenso debate político e desafío económico, onde o movemento feminista reivindicaba o voto feminino entre outras reformas. As mulleres atopábanse «incorporándose á poboación activa de forma importante, buscando novas oportunidades e dando forma a novas definicións delas mesmas».

Contido Gilman argumenta principalmente que as mulleres deben cambiar as súas identidades culturais. Desde o principio, menciona que o ser humano é a única especie onde as mulleres dependen do xénero masculino para sobrevivir. A muller salda a débeda desta dependencia a través de servizos domésticos ou sexuais.Charlotte Perkins Gilman, Women and Economics (New York: Source Book Press, 1970) p. 182. Gilman argumenta que as mulleres «traballan máis duramente e por máis tempo que a maioría dos homes, e non só nas tarefas propias da maternidade».Charlotte Perkins Gilman, Women and Economics (New York: Source Book Press, 1970) p. 20.Ademais, Gilman di que os homes dirixen as actividades femininas. Estas distincións sexuais levan a unha mala distribución do poder e prexudicaron a ambos os xéneros, en opinión de Gilman.

Aínda que a autora era sufraxista, non cría que o progreso feminino dependese exclusivamente do dereito para votar, senón que debía basearse «no cambio legal, social, mental e psicolóxico, o cal marca o avanzar das nais para desempeñar o seu papel no mundo».

Respecto ao rol de coidadoras, Gilman expón que tamén se require das mulleres que sexan educadoras. Con todo, en opinión da autora, non hai probas que sinalen que as mulleres que se sacrifican para ser coidadoras e educadoras teñan fillos máis preparados. Gilman cre que outras persoas poden axudar con estas tarefas e mesmo facelo de forma máis efectiva. Gilman era unha das primeiras en propoñer a profesionalización das tarefas do fogar, aleccionando ás mulleres para contratar amas de casa e cociñeiras para liberalas dos labores caseiros. Gilman concibiu casas sen cociña, e deseñou cociñas cooperativas en edificios de apartamentos para axudar ás mulleres para equilibrar traballo e familia, e proporcionar apoio social para as esposas que seguían confinadas nas súas casas. Isto aumentaría a participación das mulleres na vida laboral e permitiría unha existencia máis mundana. Gilman pensaba que as mulleres podían desexar ter un fogar e vida familiar, pero non deberían ter toda a responsabilidade derivada diso. Gilman declarou que estes cambios tarde ou cedo traduciríanse en «mellor maternidade e paternidade, mellor infancia e nenez, mellor alimentación, mellores fogares; mellor sociedade». Notas

Categoría:Obras feministas escritas Categoría:Obras literarias de 1898 Categoría:Ensaio Categoría:Obras literarias en inglés