João Mendes Ribeiro ComIH, nado en Coimbra en 1960, é un arquitecto portugués destacado polo seu traballo na rehabilitación de edificios históricos e pola súa relación coas artes escénicas galegas e portuguesas.Pedro, Désirée – João Mendes Ribeiro. Vila do Conde: Quidnovi, 2011. ISBN 978-989-554-902-3

Biografía

Formación e docencia Licenciado pola Facultade de Arquitectura da Universidade do Porto en 1986, exerceu como docente nesta institución entre 1989 e 1991. Obtivo o doutoramento na especialidade de Teoría e Historia da Arquitectura, pola Universidade de Coímbra en 2009. Desde 1991 é profesor no Departamento de Arquitectura da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coímbra, onde foi asistente do arquitecto Fernando Távora entre 1991 e 1998.João Mendes Ribeiro (1F13-E0B9-EA39) | CIÊNCIAVITAE (en inglés)

Áreas de traballo e recoñecementos O seu traballo abrangue tanto a arquitectura como a escenografía, desenvolvendo unha traxectoria recoñecida internacionalmente. Participou, entre outras mostras, na representación portuguesa da Bienal de Arquitectura de Venecia de 2004 e 2006, na Cuadrienal de Praga e na Bienal de Arquitectura de São Paulo de 2007.

Recibiu diversos premios e distincións, entre eles o Premio FAD, o Premio Enor, o premio da Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo e o RIBA Award for International Excellence. En 2006 foi distinguido coa Comenda da Ordem do Infante D. Henrique.

Relación con Galiza João Mendes Ribeiro mantén unha relación continuada co ámbito arquitectónico e cultural galego a través de intercambios profesionais, académicos e escénicos.

En 2009 recibiu o Premio Enor, vinculado á cidade de Vigo. En 2015 participou nas xornadas Mesturas. Encontros internacionais de arquitectura Galicia-Portugal, organizadas polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, con intervencións en Vigo e Pontevedra. Tamén formou parte do xurado dos XVI Premios COAG de Arquitectura.

No ámbito escénico, colaborou na obra A Canoa, versión portuguesa dun texto de Cándido Pazó para a compañía A Escola da Noite de Coímbra, presentada en Santiago de Compostela, na que participou como escenógrafo xunto con Luisa Bebiano.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio oficial de João Mendes Ribeiro Perfil en CIÊNCIAVITAE

Categoría:Profesores da Universidade de Coímbra Categoría:Arquitectos de Portugal Categoría:Nados en Coímbra Categoría:Nados en 1960