A arquieparquía de Alepo é unha arquieparquía non metropolitana da Igrexa católica armenia en Siria, inmediatamente suxeita ao Patriarcado de Cilicia. En 2022 contaba con 5.000 bautizados. Está dirixida polo arcebispo Petros Miriatean. Territorio A arquieparquía estende a súa xurisdición sobre a maioría dos fieis católicos armenios de Siria. A sé arquieparquial é a cidade de Alepo, onde está a catedral de Nosa Señora do Bo Socorro. O territorio divídese en 4 parroquias. Historia A serie episcopal católica comeza con Abraham Arçiwean, quen era partidario da unión coa Igrexa católica e quen sería en 1742 o primeiro patriarca da Igrexa católica armenia.

A eparquía foi elevada ao rango de arquieparquía polo papa León XIII o 3 de febreiro de 1899 co breve Quae catholico nomini.

Dende 1992 o arcebispo goberna, en calidade de administrador apostólico sede vacante et ad nutum Sanctae Sedis, a eparquía de Qamishli.

Durante a guerra civil siria, en 2012 a sé arquiepiscopal foi trasladada temporalmente á igrexa da Santa Cruz. O 9 de xaneiro de 2015 a catedral de Nosa Señora do Bo Socorro foi bombardeada nun ataque terrorista; foi posteriormente restaurada e consagrada de novo en 2019. Episcopoloxio Avetis Tʼowrkʼyan (nomeado o 6 de febreiro de 1899 - 20 de agosto de 1900, finado) Avgowstin Sayepyan (nomeado o 21 de marzo de 1902 - 1 de outubro de 1926, finado) Georgi Kortikyan (nomeado o 31 de xaneiro de 1928 - 1 de agosto de 1933, finado) Grigor Xindiye(nomeado o 10 de agosto de 1933 - 10 de maio de 1952, renuncia) Lyowdovik Patanean (nomeado o 6 de decembro de 1952 - 25 de abril de 1959, nomeado vigairo patriarcal do patriarcado de Cilicia) Georgi Layek (nomeado o 13 de agosto de 1959 - 15 de abril de 1983, finado) Hovsep Basmadyan (nomeado o 4 de xullo de 1984 - 11 de decembro de 1988, finado) Petros Miriatean (nomeado o 21 de agosto de 1989)

Notas

Alepo Alepo Categoría:Alepo