Pärnu Postimees (en galego, O carteiro de Pärnu), orixinalmente Perno Postimees ehk Näddalileht (O carteiro de Pärnu ou xornal semanal) é un xornal rexional estoniano publicado no condado de Pärnu. Publicado por primeira vez o 5 de xuño de 1857, é un dos xornais máis antigos do país e tamén precursor do xornal nacional Postimees.

Historia O xornal publicouse por primeira vez o 5 de xuño de 1857 como Perno Postimees ehk Näddalileht.Miloiu, Dragomir, Laculiceanu & Lita (2007) Foi fundado por Johann Voldemar Jannsen, quen era arquitecto de profesión e foi descrito como "o pai do xornalismo estoniano". O obxectivo do xornal era animar os estonianos e publicar obras literarias estonianas. En 1863, o xornal trasladouse a Dorpat (Tartu) e pasou a chamarse Eesti Postimees (O carteiro estoniano).Chalvin (2001), p. 349

En 1886, Karl August Hermann comprou o xornal e comezou a publicalo en Tartu. En 1891, o xornal, renomeado Postimees, converteuse no primeiro xornal nacional de Estonia.

En 1896, o xornal foi adquirido por intelectuais de Tartu. O seu editor xefe foi Jaan Tõnisson, quen incorporou a talentos como August Kitzberg, Anna Haava e Karl August Hindrey. Otto Krusten traballou alí entre 1922 e 1927.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Xornais de Estonia Categoría:Medios de comunicación en lingua estoniana Categoría:Xornais en lingua estoniana