A conquista de Gallaecia (en ) foi unha campaña militar romana que comezou en 132 a. C. e rematou o 19 a. C. composta por dous intentos exitosos de conquistar a rexión do noroeste da Península Ibérica coñecida como Gallaecia habitada polo pobo celta dos galaicos. Divídese en dúas fases: unha realizada durante a República Romana polos militares Décimo Xunio Bruto Galaico e Xulio César no contexto das guerras lusitanas, e outra durante o Imperio Romano polo emperador Augusto nas guerras cántabras.Linares Argüelles & Pindado Uslé & Aedo Pérez (1985)
Historia miniatura|esquerda|250px|Guerreiro de Armeá, Allariz, Museo de Ourense. As primeiras referencias históricas aos galaicos aparecen vinculada ao exército cartaxinés durante as guerras púnicas contra a República Romana, cando distintos pobos da Península Ibérica participaron como mercenarios ao servizo de Cartago. Os autores clásicos describen estes guerreiros como combatentes resistentes e habituados ás tácticas de guerra en territorios montañosos. Servir nun grande exército era unha forma de que a mocidade economicamente desfavorecida escapase da pobreza e atopase oportunidades para usar as súas habilidades de loita. No século -III, Silio Itálico fala de que ademais de celtiberos, lusitanos e baleares, existían máis tribos ibéricas no exército de Haníbal, incluíndo vetóns, galaicos (combinados cos lusitanos nun só batallón), cántabros, ástures e vascóns,Silio Itálico, Punica aínda que outros autores dubidaron de tal diversidade. En calquera caso, os celtiberos e os lusitanos probablemente eran os principais grupos de mercenarios, como testemuña o discurso de Haníbal ao dirixirse a eles antes da batalla do Tesino.
Primeira fase na República Romana miniatura|260px|dereita|Décimo Xunio Bruto cruzando o Lethes (hoxe río Limia). Foto da representación da Festa do Esquecemento. No 138 a. C. ao xeneral romano Décimo Xunio Bruto foille asignada a provincia de Hispania Ulterior, a onde se dirixiu ese mesmo ano. Alí eliminou o que quedaba da resistencia lusitana ao mando de Táutalo, sucesor de Viriato. Aos veteranos romanos destas vitorias cedelles terras na Cidade dos Valentes, Valentia Edetanorum (a actual Valencia), próxima á daquela puxante Sagunto.
Como en Lusitania aínda continuaban as accións de grupos de bandidos, arrasou o territorio, ocupou numerosas cidades e chegou até o río que denominaron Lethe, xa que dicían que aquel era o mítico río Lethes, o río do esquecemento, (hoxe río Limia e que si o cruzaban esquecerían a súa propia identidade e mesmo a súa patria.Appian, Roman History, Book 6, "The Wars in Spain", 71–73 Décimo Xunio Bruto, agarrando o estandarte da lexión, cruzou o río e chamou un a un e polo seu nome aos seus soldados, para convencelos de que non esquecera nada e poder proseguir a campaña.Livy, Periochae, 55.10
Dende alí, avanzaron até o Minius, o cal cruzaron e seguiron a súa marcha ata que chegaron á costa, onde os romanos viron con asombro a posta de sol no mar. No ano 137 a. C. someteu numerosas tribos como os brácaros e os galaicos, que viñeran na axuda dos seus veciños, cun exército de sesenta mil homes, e foi esta vitoria na batalla do Douro a que lle valeu o alcume de Callaicus ou Callaecus (vitorioso fronte os "galaicos"),Marcus Valerius Paterculus, Roman Histories, 11.5Liv. Epit. 55, 56;. Apia. Hisp 71-73; Flor. ii 17, § 12;. Oros. v. 5; Vell. Pat. ii 5; Cic. pro Balb. 17; Plut. Quaest. Rom. 34, Tib. Gracch. 21; Val. Max. vi 4 concedido polo Senado romano no 136 a. C.
O historiador Paulo Orosio describe o enfrontamento na Historiae adversus paganos: Mentres tanto Bruto venceu en Hispania Ulterior a 60 000 galaicos que acudiran en auxilio dos lusitanos; e fíxoo nunha dura e difícil batalla, aínda que os rodeou cando estaban desprevidos. Deles, 50 000 caeron neste combate; Dise que 6 000 foron feitos prisioneiros, e moi poucos conseguiron escapar.
Nunha data descoñecida construíu un templo xunto ao Circo Flaminio que se cre que estaba dedicado a Hércules Callaicus.Famiano Nardini, F., Roma Antica Vol. 3, 118, available in an English edition as Roma cristiana moderna, Jocelyn, H. D., Accius, Lucius, in Simon Hornblower (ed), Oxford Classical Dictionary, vol. 1, Oxford, Oxford University Press, 1996, p. 3. Este foi un dos varios edificios públicos que Caláico construíu co produto do botín da súa guerra. Todos eles tiñan inscricións de Lucius Accius, o poeta tráxico.Valerius Maximus, Factorum ac dictorum memorabilium libri IX, 8.14.2 Mandou erixir unha estatua colosal dun Marte sentado neste templo.Pliny the Elder, Natural History, 36.25–6
No ano 60 a.C. o xeneral Xulio César será quen continúe esta fase de conquista á fronte das embarcacións que partindo dende a cidade de Gades (Cádiz) seguindo a ruta do estaño até o porto de Brigantium, no golfo ártabro, un dos principais alicerces do comercio dos metais.
Tras o desembarco en Brigantium, proseguiu polo interior do territorio estabelecendo acordos de hospitalidade cos pobos que aceptaban a alianza, e optando pola forza militar contra aqueles pobos que non aceptaban a conquista romana.
Segunda fase no Imperio Romano miniatura|dereita|Guerreiro galaico encadeado no Arco de Carpentras (séc. I) segundo Joaquín Ruiz de Arbulo. Tras a marcha de Xulio César continuou a rebelión de moitos pobos e prodúcese así a campaña militar definitiva para someter o noroeste da península ao Imperio Romano. A campaña de César Augusto, primeiro emperador romano, produciuse entre o ano 25a.C. e o ano 19a.C.
Ao finalizar as guerras cántabras coa intervención do xeneral Agripa deuse paso á “Pax Romana” no Imperio, aínda que os territorios do noroeste foron considerados durante varias décadas unha rexión non pacíficada e polo tanto baixo unha presenza e vixilancia militar constante.
Entre os anos 27 e 14 a.C. o emperador César Augusto reformou a división das dúas provincias romanas de Hispania existentes até ese momento: a provincia Citerior (con capital en Cartago Nova) e a provincia Ulterior (con capital en Corduba). Augusto divide a provincia Ulterior en dúas novas provincias: Bética (con capital en Corduba) e Lusitania (con capital en Augusta Emerita). Tamén lle cambiou o nome á provincia Citerior, que pasará a chamarse Tarraconense (con capital en Tarraco).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Historia antiga de Galicia Estatuas de guerreiros galaicos Bibliografía Anthony J. Boyle, Roman Tragedy, Routledge; New edition, 2005; Appian, Roman History I: volume 1, Books 1–8, Loeb Classical Library, Loeb, 1989: . Also available on the internet: Appian's History of Rome. Evelyn Shirley Shuckburgh, CreateSpace Independent Publishing Platform; 2015; ; original publication: Macmillan and Company, 1894
Categoría:Historia antiga de Galicia Categoría:Guerras do século -II Categoría:Guerras do século -I Categoría:Batallas dos galaicos Categoría:Guerras do Imperio Romano Categoría:Guerras da República Romana