A historia de Talín abrangue os acontecementos ocorridos na actual capital estoniana dende o asentamento das primeiras comunidades fenicias cara ao 2000 a. C. até o presente. Talín, que aparece mencionada por primeira vez nun mapa do mundo por Al-Idrisi, no século XII, converteuse nun territorio disputado despois de que os Irmáns da Espada de Livonia se asentasen na rexión entre os séculos XI e XII. Entre os primeiros acontecementos significativos na capital, chamada Reval polos participantes na Cruzada Livonia, foi a Batalla de Lyndanisse en 1219. A lenda di que durante esta batalla, a actual bandeira de Dinamarca caeu do ceo, impulsando a Valdemar II á vitoria sobre a poboación local.FlaggArt (2018), p. 152
Posteiormente, a Reforma luterana atopou terreo fértil na cidade, o que provocou que a Igrexa Católica perdese rapidamente influencia en Estonia. Posteriormente, o asentamento pasou por mans polacas, suecas e rusas antes de ser finalmente incorporado ao Imperio ruso despois do Tratado de Nystad.
Tras sobrevivir ilesa á Primeira Guerra Mundial, converteuse na capital da República de Estonia en 1918, que durou ata 1940, o ano da primeira ocupación soviética. Despois do período nazi, Talín foi reconquistada polo Exército Vermello durante o seu avance cara ao oeste, en 1944, restaurando a RSS de Estonia ata 1991, cando se declarou a independencia na propia cidade. A cidade moderna alberga unha gran poboación rusa e aínda sobrevive unha comunidade de alemáns bálticos.
Ao longo dos séculos, desempeñou un papel vital como centro estratéxico, cultural, comercial e industrial.
Denominacións de Talín En 1154, no mapa do mundo do cartógrafo árabe al-Idrisi, cortesano do rei de Sicília Roxelio II, debuou nun mapa do mundo a cidade de Qlwry ou Flwry, que tamén se leu como Kaleweny e se considera que se refire a Talín.D'Amato (2017), p. 79 Despois de 1227, a Crónica de Henrique de Livonia refírense ao asentamento como Lyndanisse,Roos (1963), pp. 605-612 que podería significar fortaleza (lin-) danesa (-danise) ou, en sueco antigo, podería referirse a un antigo territorio deixado sen cultivar, de linda (barbeito) e näs (punta o promontorio).Haywood (2016), p. 324 O nome estoniano da cidade, Talín (Talyna), menciónase por primeira vez en 1536 nos arquivos municipais, e a súa raíz pode ser a mesma que a de Lindanis.Pullat, 1998, p. 11 Esta mención ocorre no seguinte contexto: no Castelo de Talín, onde se falaba predominantemente latín e baixo alemán, o xuramento de lealdade ao novo Gran Mestre alemán, Hermann von Brüggenei, foi prestado polos gremios de rango inferior, compostos por traballadores non alemáns (Undeutsche).Bullen Presciutti (2017), p. 24
O outro nome de Talín, Reval, tal como aparece nos textos do baixo alemán, probablemente deriva do nome da antiga provincia de Revala que rodeaba o asentamento. Os antigos estonianos que fuxiron a través do Golfo de Finlandia cara a Turku e a actual rexión da Finlandia Propia eran coñecidos, antes da conquista teutónica, como Kesoniemi.Markus (2020), p. 308 Outras formas rexistradas do nome antigo inclúen o ruso Ревель (Revel) ou Колывань (Kolyván), o xa mencionado dinamarqués Lyndanisse e o sueco Lindanäs.Tiik (1976), p. 42
O nome actual da capital estoniana adoptouse despois da independencia de Estonia en 1918, o que acabou co uso do nome Reval, que se seguiu empregando internacionalmente e en alemán, até 1935.
Prehistoria: primeiros asentamentos miniatura|Unha foto aérea da fortificación de Iru no norte de Estonia, 1924 (A foto está mellorada dixitalmente). Os primeiros vestixios de asentamentos humanos de cazadores-pescadores a carón da baía de Talín xun to con outros atopados por arqueólogos no centro de Talín remóntanse á Idade de Pedra, hai uns 5.000 anos. Apareceron restos de cerámica peiteada descuberta nos sitios analizados data de aproximadamente o ano 3000 a. C., mentres que os restos da cultura da cerámica con corda datan de arredor do 2500 a. C. Estímase que a presenza doutros terreos de caza se produciu preto do río Härjapea (agora canalizado e subterráneo) e nas proximidades da actual rúa Liivalaia.
No actual extremo leste de Talín, nun meandro do río Pirita, atopábase o asentamento de Iru, da época final da Idade de Bronce, situado no fortificado outeiro de Iru. A historia coñecida de asentamentos humanos neste lugar remóntase ao terceiro milenio a. C. Houbo un asentamento fortificado no outeiro de Iru entre os séculos VIII e V a. C., así como entre os séculos IV e II a. C. Os restos máis antigos coñecidos de edificios feitos de troncos horizontais con esquinas cruzadas en Estonia e un dos obxectos de ferro máis antigos coñecidos no país, unha subela, proceden de alí. Entre os séculos V e XI, houbo unha antiga fortaleza estoniana no mesmo lugar que, segundo os datos arqueolóxicos, incendiouse varias veces antes de ser abandonada.
Idade Media Algúns investigadores de séculos anteriores suxiren que xa na Alta Idade Media existía unha antiga fortaleza e un porto cun mercado e pequenos barrios. Non obstante, non se atoparon restos arqueolóxicos que apoien esta teoría, nin tampouco hai fontes escritas que se refiran a ela. Os achados máis antigos atópanse no límite entre a Antigüidade e a Idade Media, e a súa pertenza a un período ou outro non se pode determinar de forma definitiva. A primeira mención certa da cidade data de 1050, cando apareceu a primeira fortaleza no outeiro de Toompea.Ceccato & Forlani (2012), p. 103
Dominio danés No 1219, durante as Cruzadas Bálticas proclamadas polos Estados Pontificios, Talín foi ocupada polas tropas do rei Valdemar II de Dinamarca, que se asentou en Toompea e fundou unha igrexa de madeira da orde dominicana.Mäeväli, 1993, p. 14
Talín, cidade libre miniatura|Vista da cidade vella de Talín, en Toompea.|220x220px A actual Cidade Vella de Talín, protexida, foi o núcleo vital do asentamento medieval. O recinto amurallado, que incluía as igrexas de San Olaf e San Nicolao, foi construído nun terreo máis baixo que o centro habitado orixinal, do mesmo xeito que os barrios mercantiles escandinavos e rusos preto da igrexa no que hoxe é a rúa Sulevimäe, a capela Ventseli e o Hospital de San Xoán. A maioría dos habitantes vivían en Toompea, en parte porque, a principios do século XIII, a costa do golfo de Talín estendíase ata a actual praza de Viru, agora a varios quilómetros do mar Báltico.Lass & Maiste (1993), p. 14 Foi só a principios do século XIV que as augas comezaron a retroceder.
Durante o século XIII, construíronse dous mosteiros na cidade: o mosteiro dominicano de Santa Catarina e o mosteiro de San Miguel.Mänd & Tamm (2020), p. 162 En 1246 fundouse a primeira escola monástica local e, en 1265, Margarida de Sambiria, nai do rei danés Erico V, ordenou a construción da primeira estrutura defensiva urbana documentada: as Murallas de Margarida.Chives Davies (1937), p. 12. A súa altura variou, incorporando unhas 60 ou 70 fortificacións anteriores de diferentes períodos. As seccións eran sinxelas, baixas (menos de 5 m) e delgadas (menos de 1,5 m de media), utilizando madeira como principal material de construción.
Co tempo, a actividade construtiva intensificouse e a pedra substituíu gradualmente a madeira tanto nas residencias privadas como nos edificios oficiais. Foi durante esta fase que os barrios adquiriron a forma que aínda conservan no centro histórico. Entre 1310 e 1320, os suburbios de Talín expandíronse ata tal punto que as vivendas invadiron edificios xestionados polos cistercienses e os dominicos, que orixinalmente foran externos.Bain (2009), p. 43
Ademais de Toompea e da cidade baixa, existiron numerosos suburbios de madeira fóra das murallas durante a Idade Media, que foron destruídos varias veces durante as guerras. A Cidade Vella consolidouse dentro dos seus límites actuais en 1355, aínda que Talín xa posuía unha área considerable máis alá das murallas, segundo unha carta asinada polo rei de Dinamarca en 1265.Kala (1998), p. 26
Os límites de Talín Segundo a lei da cidade, Talín tamén incluía terras na zona rural circundante; os primeiros límites marcáronse en 1265. Posteriormente, a cidade cedeu parte do terreo ao castelo da Orde (Ordensburg) e ao señor feudal de Harku. Os límites fixáronse de novo en 1371, e as 8.230 hectáreas da cidade permaneceron inalteradas ata 1817.
Aínda que Talín pertencía ao rei danés (1219–1227 e 1238–1346) e máis tarde á Orde Livoniana, a cidade gozaba dunha considerable autonomía baseada na Dereito de Lübeck. A construción da catedral actual probablemente comezou arredor de 1230 e completouse en 1240. O rei Valdemar II esforzouse por convertela na igrexa principal dos seus dominios estonianos (o Ducado de Estonia) e da diocese de Reval.Shorter (2004), p. 177
Toompea como centro administrativo Enfrontamentos cos Irmáns Livonianos da Espada miniatura|Cabeceira da catedral, fundada en 1230. En 1223, Valdemar II foi capturado polo seu vasalo, o conde Henrique de Schwerin, e encarcerado. En 1225, o monarca viuse obrigado a renunciar a todas as súas conquistas agás a illa de Rügen e o norte de Estonia. En 1227, os Irmáns Livonianos da Espada, unha orde militar fundada por Alberto de Riga, lanzaron unha campaña contra as posesións danesas. Como mediador, enviouse o legado papal Balduíno de Alna. Esperaba crear un territorio baixo o control directo do Papa, pero non tivo éxito e exacerbou as tensións.Morton (2014), pp. 78-79 Acusado pola nobreza alemá de Reval de favorecer aos daneses, foi deposto cando, en 1233, vasalos leais ao rei danés foron asasinados na igrexa de Toompea. A paz volveu despois do Tratado de Vordingborg en 1238, que restaurou o poder danés en Reval e o norte de Estonia. Ese mesmo ano, a cidade foi mencionada de novo como civitas Revaliensis.Murray (2017), p. 13
Toompea baixo a orde militar Entre 1227 e 1229, os Irmáns da Espada erixiron unha fortaleza de pedra na sección suroeste do outeiro de Toompea.Noble & Williams e Gauldie (1997), p. 134 Nas proximidades, construíuse unha igrexa de pedra, que a partir de 1240 se converteu na catedral dedicada á Virxe María (Domus Mariana). Fomentouse a chegada de mercadores alemáns e, nas ladeiras de Toompea, a orde modernizou as fortificacións. A obra completouse arredor do 15 de maio de 1248, cando Reval adoptou o Dereito de Lübeck e se uniu á Liga Hanseática, converténdose rapidamente nun dos portos máis concorridos do Báltico.Franko (2012), pp. 97-100
O castelo de Toompea dividíase na "pequena fortaleza" (a parte mellor conservada hoxe en día), sede do tenente gobernador e do continxente danés, e na "gran fortaleza", sede do bispo e dos vasalos reais.Tomberg (1990), p. 13
Toompea capital dos daneses e da Orde de Livonia miniatura|Vista da parte mellor conservada do Castelo de Toompea. Hoxe é as sé do Parlamento de Estonia.|esquerda Toompea foi a capital do dominio feudal danés no Ducado de Estonia, que comprendía as provincias de Harju, Revala e Viru; Järva foi concedida aos Irmáns da Espada. Desde 1271, o gobernador local ostentaba o título de duque de Estonia. En 1319, o rei de Dinamarca concedeu un privilexio escolar en Revala que lle outorgaba ao clero da catedral o dereito exclusivo de dirixir escolas; a escola catedral apareceu mencionada por primeira vez ese ano.Manz (2014), p. 231.
En 1343, despois do Levantamento da Noite de San Xurxo —reprimido pola Orde Livonia, sucesora dos Irmáns da Espada desde 1237—, as principais fortalezas danesas do ducado de Estonia pasaron a mans da Orde:Toivo (2004), pp. 445-446 Reval e Rakvere en 1343 e Narva en 1345. O 29 de agosto de 1346, Valdemar IV de Dinamarca vendeu as súas posesións estonianas a Goswin von Herreke, Mestre da Orde, por unhas catro toneladas de prata (19.000 marcos de Colonia).Kütt & Vahter (1964), p. 8.