Fernando Conde de Ponte, nado en Vigo o 10 de decembro de 1906 e finado ibídem o 10 de xuño de 1978, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Actividade empresarial Fernando Conde de Ponte estivo vencellado ao sector empresarial galego e herdou varias compañías familiares, incluída Fernando Conde y Compañía e Antonio Conde e Hijos. Foi presidente da Asociación de Empresas Consignatarias e Estibadoras de Buques da Provincia de Pontevedra (ACOESPO) no período 1932-1935. Entre 1945 e 1957 foi presidente da Autoridade Portuaria de Vigo. Entre 1959 e 1972 ocupou a presidencia da Cámara Oficial de Comercio de Vigo.

Carreira política Fernando Conde de Ponte foi procurador nas Cortes durante a IX lexislatura das Cortes franquistas (1967-1971).

Vida persoal Fernando Conde de Ponte foi fillo de Melchora de Ponte y de la Peña e de Fernando Conde Domínguez. O 23 de marzo de 1933 casou con Josefina Montero-Ríos Becerra na igrexa de San Xerome o Real de Madrid. Josefina era filla de Eugenio Montero-Ríos Villegas e neta de Eugenio Montero Ríos. Josefina e Fernando tiveron oito fillos, incluído Fernando Conde Montero-Ríos.

Recoñecementos En 1970 recibiu a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fernando Conde de Ponte Ficha xenealóxica en geneanet.org

Categoría:Finados en 1978 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en 1906