Rosa Rosendo Rodríguez, nada en Vigo en 1910, foi unha política galega.
Traxectoria Veciña de Riomao (Lavadores). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detida o 20 de agosto, acusada de ensinar a un “grupo rebelde” o lugar onde se escondiu Núñez. Xulgada en consello de guerra na causa 539/36 o 26 de novembro, foi condenada a pena de morte, conmutada a cadea perpetua. Compriu condena na Prisión Central de Saturrarán.Personas encarceladas en la carcel de mujeres de Saturraran: 1.578 En 1944 conmutaron a súa condena a vinte anos. De Saturrarán pasou á Prisión de Palma de Mallora e de alí foi trasladada á Clínica Psiquiátrica Penitenciaria de Mulleres de Madrid, onde lle concederon a liberdade condicional en 1946,BOE, 19-8-1946, p. 6373. aínda que debeu seguir en prisión, pois ao ano seguinte concédenlle novamente a liberdade provisional sen a liberación do desterro como interna na Prisión Central de Amorebieta.BOE, 1-3-1947, p. 1483.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en Memoria da Coruña
Viguesas represaliadas, un relato oculto de dolor
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en ano descoñecido