Jorge Pulido Mayoral, nado en Castillo de Bayuela o 8 de abril de 1991, é un futbolista español que xoga de defensa central no Huesca, da Segunda División.

Traxectoria Formouse como futbolista, debutando co filial na Segunda División B na tempada 2009/10. Debutou oficialmente co primeiro equipo o 10 de novembro de 2010, nos deseisavos de final da Copa do Rei contra o Universidad de Las Palmas.

O 15 de maio de 2011, beneficiándose das lesións de Diego Godín e Luis Perea e da sanción de Tomáš Ujfaluši, disputou o seu primeiro encontro na Primeira División, xogando os 90 minutos completos ante o Hércules CF. O 27 de xaneiro de 2012 foi cedido ao Rayo Vallecano, no que xogou ata o final da tempada.

Despois de ser titular habitual no Rayo volveu ao Atlético no verán de 2012, pero o 19 de xullo de 2013 fichou polo Real Madrid Castilla, da Segunda División. Tralo descenso do filial branco foi liberado e posteriormente uniuse ao Albacete Balompié, da mesma categoría.

En xuño de 2016, despois do descenso do Albacete, Pulido fichou polo Sint-Truidense VV de Bélxica, co que asinou un contrato de tres anos.

Despois de só un ano no estranxeiro, volveu á segunda división española o 6 de xullo de 2017, cando asinou co Huesca. Xogou todos os partidos agás tres, nunha campaña na que os aragoneses acadaron o ascenso á máxima categoría por primeira vez na súa historia.

Notas

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados na provincia de Toledo Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sint-Truidense VV Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B