Paz Lama Álvarez, nada en Vigo en 1918, foi unha política galega.

Traxectoria

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 traballaba na factoría La Artística de Vigo, que se dedicaba a producir granadas. Xunto coas súas compañeiras Dolores Rodríguez Rodríguez e Ramona Camesellle González foi detida en 1937 acusada de gravar cun punzón nas granadas as iniciais “UHP” (Uníos Hermanos Proletarios). Xulgadas en consello de guerra en febreiro de 1938, recoñeceron os feitos pero aseguraron descoñecer o significado das tres letras UHP. O tribunal sentenciou que eran culpables de propagar “el germen y virus marxista” por “levar alento marxista aos soldados” do lado nacional. Paz e Dolores foron condenadas a cadea perpetua e Ramona a 15 anos de prisión. Paz cumpriu condena na Prisión Central de Saturrarán,Personas encarceladas en la carcel de mujeres de Saturraran: 1.578 con Dolores.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Memoria da Coruña Memorias vivas

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en ano descoñecido