Carballo é un modelo lingüístico de intelixencia artificial desenvolvido no marco do Proxecto NÓS e publicado en aberto en 2024, converténdose no primeiro modelo de linguaxe de grande escala para a lingua galega.
O Proxecto Nós, que desenvolven o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) e o Instituto da Lingua Galega (ILG), ambos os dous da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Carballo é un modelo coñecido como fundacional por ser a peza básica -e esencial- para construír ferramentas mediante intelixencia artificial xerativa con tecnoloxía lingüística, como chatbots, tradutores ou correctores automáticos.
Para o adestramento de Carballo usouse un corpus masivo no que se recolle todo tipo de textos en galego, incluíndo a Wikipedia en galego, chamado CorpusNós.
Notas
Categoría:Modelos de linguaxe de gran tamaño Categoría:Soporte lóxico en lingua galega