PipinoPipino no sitio web da Fundación para a Xenealoxía medieval tamén chamado Pipino de Péronne ou de Vermandois, nado arredor do 815 e finado despois do 840, era fillo de Bernardo, rei de Italia, e de Cunegunda (posibelmente Guillémida), foi un conde de Francia. Traxectoria É mencionado como conde ao norte do río Sena dende 834 ata 840. Nese ano 840 apoiou a Lotario I na súa revolta contra o seu pai e o emperador Luís I o Piadoso. Non se sabe quen foi a súa esposa, pero o historiador Karl Ferdinand Werner, ao sinalar que o seu fillo Heriberto I de Vermandois sucedera a varios nibelúnxidas, formulou a hipótese de que a esposa sería membro desta familia e máis concretamente filla de Teodorico dos Nibelúnxidas, que é mencionado como conde de Vermandois en 876. Do seu matrimonio tivo cinco fillos: Bernardo, conde de Laon arredor do 877. Pipino, conde ao norte de París entre 877 e 893. Heriberto I (falecido entre 900 e 907), conde de Vermandois. Cunegunda. Unha filla que casaría con Berengario, marqués de Neustria, e despois (nun segundo matrimonio) con Guido de Senlis, conde de Senlis. Notas

Véxase tamén Bibliografía Christian Settipani, La Préhistoire des Capétiens (Nouvelle histoire généalogique de l'auguste maison de France, vol. 1), ed. Patrick van Kerrebrouck, 1993 ( )

Categoría:Condes de Vermandois Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século IX Categoría:Finados no século IX