Carmen Rodríguez Nogueira, coñecida como Carmiña de Albaredos, nada en San Clodio (Ribas de Sil) o 16 de abril de 1912 e finada na Coruña o 21 de novembro de 2007, foi unha guerrilleira antifranquista galega.
Traxectoria Veciña de Albaredos (Montefurado), o seu home, José López Centeno, foi fusilado polos rebeldes o 29 de xaneiro de 1938, e ela sufriu represalias. Era enlace da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Foi detida o 14 de setembro de 1949 pasou ao Cárcere de Quiroga onde lle arrincaron as uñas e queimáronlle a cabeza, axilas e vaxina. Despois foi internada no Cárcere de Lugo. Encartada na causa 318/1949 do Xulgado Militar de Lugo por encubrimento de bandoleiros, foi xulgada o 23 de marzo de 1950 e condenada a 12 anos. Foi trasladada á Prisión Provincial de Mulleres de Madrid, de onde saíu en liberdade provisional en decembro de 1952.BOE, 6-2-1953, p. 850. Foi vítima de seguimento policial ata 1975. Finou na Coruña o 21 de novembro de 2007.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 22-11-2007, p. 50. Vida persoal
Casou con José López Centeno e foi nai de Manuela e Josefina López Rodríguez. As súas fillas foron secuestradas pola Garda Civil cando viaxaban no tren camiño de Lugo. Foro internadas no centro de Bañobre (Miño) para reeducalas, por ser como fillas de “rojos”.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Expediente procesual de Carmen Rodríguez Nogueira Ficha en O vello cárcere Ficha en memoria da Coruña
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ribas de Sil Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2007