O Partido Socialdemócrata Estoniano (en estoniano, Eesti Sotsiaaldemokraatlik Partei, ESDP) foi un partido político, un dos predecesores do actual Partido Socialdemócrata, que operou en Estonia dende 1990 ata 1996. Durante a maior parte da existencia do partido, estivo dirixido por Marju Lauristin.Oskolkov (2020), p. 6

Historia O ESPD fundouse o 8 de setembro de 1990 en Talín, cando se fusionaron o Partido Laborista Democrático Estoniano (Eesti Demokraatlik Tööerakond, EDTE), o Partido da Independencia Socialdemócrata Estoniano (Eesti Sotsiaaldemokraatlik Iseseisvuspartei, ESDIP) e o Partido Socialdemócrata Ruso en Estonia ( Vene Sotsiaaldemokraatlik Partei Eestis, VSDPE), así como o Partido Socialista Estoniano no Estranxeiro (Eesti Sotsialistliku Partei Välismaa Koondis, ESPVK), que operara en Suecia despois da segunda guerra mundial. En outubro de 1990, o ESPD converteuse en membro de pleno dereito da Internacional Socialista. O logotipo do partido era unha rosa vermella.

En 1996, o Partido Socialdemócrata Estoniano fusionouse co Partido do Centro Rural Estoniano, cuxo último líder foi Vambo Kaal, para formar o novo partido Mõõdukad (Moderados).

Presidentes Marju Lauristin (8 de setembro de 1990 – 1995) Eiki Nestor (1995 – 28 de abril de 1996)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Partido Socialdemócrata

Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Estonia