Aleksei Ivanovich Bugaev (en ) nado en Moscova o 25 de agosto de 1981 e finado en Ucraína o 28 de decembro de 2024, foi un futbolista ruso que xogaba de defensa.
Traxectoria Militou no Torpedo Moscova, o Tom Tomsk, o Lokomotiv Moscova, o Khimki e o Krasnodar. Debutou coa selección rusa en 2004, xogando 90 minutos nun partido amigable contra Austria que rematou en empate a cero. Despois foi incluído na convocatoria para a Eurocopa 2004. Xogou os 90 minutos completos na derrota por 0-2 contra Portugal e na vitoria por 2-1 contra Grecia. Xogou tres partidos máis na clasificación para o Mundial de 2006 e a súa última aparición coa selección foi nun amigable contra Italia en 2005. Retirouse en 2010.
Vida persoal e morte Tivo problemas de adicción ao alcol durante toda a súa vida adulta, o que precipitou a súa retirada do fútbol con só 29 anos. Despois da súa retirada, traballou nun negocio de reciclaxe, pero recorreu ao crime para pagar as súas débedas de alcol.
O 28 de outubro de 2023 foi arrestado en Krasnodar en posesión de 495 gramos de mefedrona. O 24 de setembro de 2024, declarouse culpable de narcotráfico e foi condenado a 9 anos e medio de prisión. Mentres estaba encarcerado decidiu alistarse no exército para participar na guerra contra Ucraína.
O 29 de decembro de 2024 informouse da súa morte en combate o día anterior.
Notas
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Moscova Categoría:Futbolistas de Rusia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Torpedo Moscova Categoría:Xogadores do FC Lokomotiv Moscova Categoría:Xogadores do FC Krasnodar Categoría:Xogadores do FK Khimki Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Rusia Categoría:Militares de Rusia Categoría:Finados en 2024