Oliva López Centeno, nada en Montefurado (Quiroga) o 18 de marzo de 1926, foi unha guerrilleira antifranquista galega.
Traxectoria
Filla de Ramón López Casanova, asasinado polos sublevados, e Petra Centeno Baños, condenada; era sobriña de María López Casanova, que tamén foi asasinada. Era irmá de José López Centeno, fusilado, e de Luisa López Centeno, tamén encarcerada. Compañeira de Guillermo Morán García. Participou no enfrontamento de Repil e O Piricallo en Chavaga, o 20 de abril de 1949. Foi detida o 25 de abril de 1949 e ingresou na Prisión de Monforte de Lemos. Foi trasladada á Prisión de Lugo o 22 de maio. Xulgada no Tribunal Militar Territorial de Lugo na causa 318/1949 polo delito de “auxilio a malhechores” o 23 de marzo de 1950, foi condenada a dous anos de prisión o 15 de agosto. Foi internada no Cárcere de Lugo e na Prisión Provincial de Mulleres de Madrid, onde coincidiu coa súa nai, a súa irmá e a súa cuñada Carmen Rodríguez Nogueira.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Expediente procesual de Oliva López Centeno Expediente procesual de Oliva López Centeno Expediente procesual de Oliva López Centeno
Ficha en memoria da Coruña
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Quiroga Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en ano descoñecido