A Paisaxe cultural de Hawraman ou Paisaxe cultural de Uramanat é o vixésimo sexto patrimonio cultural tanxible de Irán. Esta paisaxe remota e montañosa dá testemuño da cultura tradicional do pobo Hawrami, unha tribo agropastoral kurda que habita a rexión desde aproximadamente o ano 3000 a. C. O sitio, no corazón dos Montes Zagros nas provincias de Kurdistán e Kermanshah ao longo da fronteira occidental de Irán.Cultural Landscape of Hawraman/Uramanat - UNESCO World Heritage Centre

As aldeas de Uramanat están situadas nas provincias montañosas de Kermanshah e Kurdistán de Irán e Gobernación de Halabja do Kurdistán iraquí. As aldeas son únicas en termos de arquitectura, estilo de vida e metodoloxía agrícola. As aldeas están integradas coa natureza incorporando a agricultura de pendentes pronunciadas.The Cultural Landscape of Uramanat - UNESCO World Heritage Centre As 12 aldeas incluídas no sitio ilustran as respostas evolutivas do pobo hawrami á escaseza de terra produtiva no seu ambiente montañoso ao longo dos milenios.

Historia

A evidencia arqueolóxica máis antiga mostra que a rexión foi habitada por humanos desde o período Paleolítico Medio (hai máis de 40 000 anos). Esta evidencia descubrírona os arqueólogos preto da aldea Hajij e entre as aldeas de Naw e Asparez no val de Sirwan. Descubrironse probas de ocupación paleolítica tardía nun xacemento de covas chamado Kenacheh no val de Perdi Mala.Biglari, F and S. Shidrang (2019) Rescuing the Paleolithic Heritage of Hawraman, Kurdistan, Iranian Zagros, Near Eastern Archaeology 82 (4): 226-235.https://doi.org/10.1086/706536 Estes achados arqueolóxicos desenterráronse durante o Programa de Salvamento Arqueolóxico da Presa de Darian que levou a cabo varias tempadas de prospeccións e escavacións arqueolóxicas dentro da área do encoro que levaron ao descubrimento dunha serie de importantes xacementos paleolíticos e máis posteriores. Os principais sitios escavados foron o Refuxio Rochoso de Dārāi (Paleolítico Medio), a Cova de Kenācheh (Paleolítico Superior), a Tumba de Ruwār (Idade de Ferro), Sar Cham (Calcolítico e Idade de Ferro) e Barda Mār (século XIX). Agás os sitios de Ruwar, todos os demais sitios escavados inundáronse en 2015 - 2016.Biglari, F., (2021) Construction de barrage et archéologie de sauvetage dans le Zagros, ARCHÉOLOGIA 595: 10-11. A inscrición de Sargón II no paso de Tang-i Var preto da aldea de Tang-i Var, indican que a rexión foi ocupada polos asirios durante as súas campañas militares en Zagros. Estas inscricións reais pertencen a Sargón II, rei de Asiria (721 - 705 a. C.).Frame, G. (1999). The inscription of Sargon II at Tang-i Var. Orientalia, 68(1), 31-57.

Os Pergamiños de Avroman, un conxunto de tres documentos das épocas Seléucida e Parto, atopáronse na rexión en 1909. Descubríronse nunha cova na montaña Kuh-e Salan, preto da aldea de Shar Hawraman, e posteriormente enviaronses a Londres. Os documentos datan do 88/87 a. C. ao 33 d. C., con dous escritos en grego e un en parto. Documentan a venda dunha viña e doutra terra, e inclúen os nomes de Pātaspak, fillo de Tīrēn e Awīl, fillo de Baænīn.Edmonds, C. J. (1952). "The Place Names of the Avroman Parchments". Bulletin of the School of Oriental and African Studies. 14 (3): 478–82. doi:10.1017/S0041977X00088455. ISSN 0041-977X

Estado de Patrimonio Mundial Este sitio engadíuse por primeira vez á Lista Provisional de Patrimonio Mundial da UNESCO o 9 de agosto de 2007. O 27 de xullo de 2021, xunto con parte da rexión de Hawraman inscribíuse oficialmente na Lista do Patrimonio da Humanidade como sitio cultural co nome de "Paisaxe Cultural de Hawraman/Uramanat".

A paisaxe cultural de Hawraman inscribíuse na Lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO como o 26º patrimonio cultural tanxible de Irán na 44ª sesión do Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Notas

> Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Irán

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Irán