Satoru Okada (en xaponés; 岡田智, Okada Satoru), nado en Kyoto o 10 de xaneiro de 1947, é un enxeñeiro xaponés xubilado que se desempeñou como xerente xeral de Nintendo Research & Engineering, a división de Nintendo que deseñaba e desenvolvía as consolas portátiles da empresa. É coñecido principalmente por crear a Game Boy orixinal (esta xunto con Gunpei Yokoi) e as súas sucesoras.

Traxectoria Satoru Okada uniuse a Nintendo en 1969 e pasou a traballar como enxeñeiro en Nintendo Research & Development 1 con Gunpei Yokoi,Satoru Okada, el gran olvidado de la Gran N . www.nintenderos.com. quen desenvolveu as exitosas consolas portátiles Game & Watch e xuntos crearon a tamén exitosa Game Boy. Na creación da Game Boy Yokoi ocupouse do deseño industrial da consola namentres que Okada ocupouse da súa enxeñaría. Okada tamén foi produtor asistente, director e colaborador en varios videoxogos de Nintendo, en particular Metroid, lanzado para Nintendo Entertainment System en 1986.

En 1996, Yokoi deixou Nintendo, o que provocou a división de R&D1, cuxos enxeñeiros crearon unha división de hardware portátil da cal Okada se converteu en xerente xeral. O seu equipo non contaba con Yokoi, pero aínda así desenvolveu consolas portátiles de grande éxito: Game Boy Color, Game Boy Advance, Game Boy Advance SP e Nintendo DS. Inicialmente, Satoru Okada opúxose ao deseño de dobre pantalla da Nintendo DS, pero Hiroshi Yamauchi convenceuno do contrario.

Satoru Okada retirouse de Nintendo en xaneiro de 2012, aos 65 anos de idade.

Notas

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Personalidades de Nintendo Categoría:Nados na prefectura de Kyoto