Áristo de Salamina (en grego Ἄριστος Áristos) foi un historiador grego que escribiu unha historia de Alexandre o Grande, na que menciona unha embaixada de Roma a Alexandre cando este estaba en Babilonia. Traxectoria Viviu bastante máis tarde que Alexandre, quizais antes que Estrabón, pero non se coñece a época e algúns o sitúan no século III ou II a. C.A dictionary of Greek and Roman biography and mythology, 1873 (ed. William Smith).

Segundo algúns historiadores, o historiador Aristo sería a mesma persoa que o filósofo contemporáneo e amigo de Cicerón, que ensinou filosofía en Atenas e recibiu formación de Bruto. A semellanza só se sostén co feito de que tiñan o mesmo nome, sen que ningún outro dato leve a isto. Notas

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Personalidades de Salamina na Antigüidade Categoría:Historiadores da Grecia antiga