Saínza é un nome propio feminino galego. A súa orixe está no topónimo Saínza, en Rairiz de Veiga (Ourense) onde hai unha romaría de sona. Etimoloxicamante podería derivar de *salícea 'sitio onde abundan os sálices (salgueiros).

En xaneiro de 2023 existían 147 mulleres en Galicia co nome Saínza, cunha media de idade de 16,7 anos.Saínza na Web do Instituto Galego de Estatística

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe latina Categoría:Nomes femininos galegos