Chelonoidis niger microphyes é unha subespecie da tartaruga das Galápagos endémica da illa Isabela do arquipélago das Galápagos na zona do volcán Darwin. Nalgunhas clasificacións tratouse como especie co nome Chelonoidis microphyes. O epíteto do seu nome científico, microphyes (“pequena cando está totalmente crecida”), está baseado na incorrecta suposición que fixo o autor que a describiu, Albert Günther, de que o espécime holotipo (cunha coiraza de só 57,2 cm de lonxitude) era un macho adulto.
Taxonomía Esta tartaruga é unha subespecie de Chelonoidis niger, pero ás veces foi considerada unha especie separada (C. microphyes). A localidade tipo é Tagus Cove, preto da base do volcán Darwin da illa Isabela.
Polo menos unha autoridade suxeriu fusionar esta subespecie con C. n. vicina, C. n. vndenburghi e C. n. guentheri como tartaruga de Isabela do sur (C. n. vicina), atribuíndo as diferenzas morfolóxicas a variacións xeográficas.Pritchard 1996. The Galapagos tortoises: Nomenclatural and survival status. Chelonian Research Monographs. (1):1–85
Descrición As tartaruga macho medran ata os 135 cm de lonxitude e as femias ata uns 86 cm, e teñen coiraza cupuliforme. miniatura|Unha tartaruga C. n. microphyes no Zoo de Phoenix.
Comportamento Estas tartarugas están activas principalmente de mañanciña e ao serán, descansando na sombra durante a parte máis quente do día e durmindo baixo arbustos de noite. Despois dunha chuvia forte envorcállanse en pozas de barro. Os adultos migran estacionalmente desde a caldeira do volcán ás ladeiras máis baixas para comer na vexetación despois das chuvias da estación húmida.
Alimentación Aliméntanse de herba, follas, bagas e liques na estación húmida, e principalmene de cactos na estación seca.
Reprodución Os machos compiten entre eles estirando os pescozos, abrindo a boca, mordendo e empurrando. Emiten sons guturais altos cando se aparean. As femias empezan a nidificar en maio e xuño ao final da estación húmida.
Distribución e hábitat A súa área de distribución está limitada a uns 67 km2 da ladeira suroeste do volcán Darwin da parte norte da illa Isabela. Alí habitan en bosques caducos e perennes e pradarías secas.
Conservación miniatura|Charles Darwin representado nun gravado con tres especies/subespecies de tartarugas das Galápagos, incluíndo C. n. microphyes (Cassell's Natural History, 1878) A poboación destas tartarugas estímase nuns 500–1000 individuos maduros, o que representa unha diminución do 94 % desde 1840, e a subespecie considérase en perigo. Estas tartarugas foron historicamene sobreexplotadas como fonte de alimento e aceite polos mariñeiros e colonos. Ameazas actuais son a predación dos ovos e crías e a competición pola comida por animais introducidos, como cans e gatos ferais, ratas, ratos, porcos domésticos e cabras, así como a degradación do hábitat e as erupcións volcánicas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de subespecies da tartaruga das Galápagos
Categoría:Testudínidos Categoría:Animais descritos en 1875