miniatura|Retrato do século XVII de Claude Perrault Claude Perrault (pronucniado en francés [klod pɛʁo]; nado o 25 de setembro de 1613 – finado o 9 de outubro de 1688) foi un médico francés e arquitecto amador, máis coñecido pola súa partiipación no deseño da fachada leste do Louvre en París."Claude Perrault. French physician and architect", Britannica en liña. Consultdo o 5 de maio de 2022. Tamén deseñou o Observatorio de París e foi un anatomista e autor que escribiu tratdos de arquitectura, física e historia natural.Hazard 2007.

O seu irmán Charles Perrault é lembrado como o autor que reescribiu o vello conto de Cincenta entre outros contos."Charles Perrault. French author", Britannica en liña. Consultdo o 5 de maio de 2022.Michel 1996.

Biografía Perrault naceu e morreu en París.Tadgell 1996.

Como médico e filósofo natural, que obtivo un título de medicina na Universidade de París en 1642, Perrault converteuse nun dos primeiros membros da Academia Francesa das Ciencias cando se fundou en 1666.Hermann 1982.

Un comité comisionado por Luís XIV, o Petit Conseil, formado por Louis Le Vau, Charles Le Brun e Claude Perrault, deseñou a fachada leste do Louvre.Ayers 2004, p. 31. Empezou a construírse en 1667 e estaba practicamente finalizada en 1674.Berger 1993, p. 48. En 1680, Luís XIV abandonou o Louvre e centrou a súa atención no Palacio de Versalles. A á situada detrás da fachada leste non se finalizou ata o século XIX coa chegada de Napoleón. O deseño definitivo da fachada leste atibúese a Claude Perrault, que fixo as alteracións finais para axustalas á decisión de facer de dobre tamaño a á sur.Ayers 2004, p. 36. Tamén creou proxectos para unir o Louvre co Palacio das TulleríasBlondel 1756, pp. 9–15.Picon 1988, p. 189.Daufresne 1987, pp. 73–78. e puido ser el quen ideou o uso do de barras de unión de ferro detrás da entaboamento da fachada leste para resolver problemas de eneñaría orixinados por forzas que causaban estrés na albanelaría.Berger 1993, pp. 65–74.Neumann 2013, p. 297.

Perrault deseñou o Observatorio de París (1667–1669), un instituto de investigación da Academia das Ciencias.Picon 1988, pp. 197–223. O seu deseño para un arco do triunfo na rúa de St-Antoine foi preferido aos deseños que competían con el de Le Brun e Le Vau, pero só foi en parte executado en pedra.Picon 1988, pp. 223–230. Cando o arco foi desmontado no século XIX, viuse que ideara un medio de conectar as pedras sen usar morteiro, para que constituísen unha masa inseparable.Gietmann 1913, p. 702. Tamén creou un deseño (non executado) que usaba columnas independentes para a reconstrución da igrexa de Santa Xenoveva en París.Picon 1988, pp. 237–248.

miniatura|Retrato dobre de François Mansart e Claude Perrault. Xunto coa súa participación no deseño do Louvre, chegou a ser moi coñecido pola súa tradución ao francés dos dez libros de Vitruvio, os únicos que sobreviviron da arquitectura romana. Empezou animado por Colbert, e foi publicado coas anotacións de Claude Perrault en 1673. A este seguiu o seu tratado das cinco ordes clásicas da arquitectura en 1683.

Ademais, fixo unha valiosa contribución á acústica. O seu tratado sobre o son formaba parte do seu libro Oeuvres diverses de Physique et de Mecanique. No seu último libro trata de asuntos como medios do son, fontes de son e receptores de son. Na acústica musical sinalou a importancia da vibración en consonancia e disonancia. O seu estudo "De la Musique des Anciens" nas Oeuvres diverses discutiu como as combinacións de notas orixinan a harmonía. Tamén contén exames críticos de vellos manuscritos sobre música europea.Perrault; Lesure.

Libros que escribiu miniatura|Oeuvres diverses de physique et de mechanique, 1721

Les dix livres d'architecture de Vitruve, corrigez et traduits nouvellement en françois avec des notes et des figures. París, Coignard, 1673. Mémoires pour servir à l’histoire naturelle des animaux, 1676 (Memoirs for a natural history of animals: containing the anatomical descriptions of several creatures dissected by the Royal Academy of Sciences at Paris). Essais de Physique, ou receuil de plusieurs traitez touchant les choses naturelles, 4 volumes. París, Coignard, 1680–1688. Ordonnance des cinq espèces de colonnes selon la méthode des anciennes. París, Coignard, 1683. Ordonnance for the five kinds of columns after the method of the Ancients, translated by Indra Kagis McEwen with an introduction by Alberto Pérez-Gómez. Santa Monica, California: Getty Center for the History of Art and the Humanities, 1993.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Ayers, Andrew (2004). The Architecture of Paris. Stuttgart; Londres: Edition Axel Menges. . Berger, Robert W. (1993). The Palace of the Sun: The Louvre of Louis XIV. University Park: The Pennsylvania State University Press. . Blondel, Jacques-François (1756). Architecture françoise, vol. 4. Paris: Charles-Antoine Jombert. Daufresne, Jean-Claude (1987). Louvre et Tuileries: Architectures de papier. Brussels: Pierre Mardaga. . Gietmann, Gerhard (1913). "Perrault, Claude", vol. 11, pp. 701–702, in The Catholic Encyclopedia, edited by Charles G. Herbermann et al., 15 volumes. New York: The Encyclopedia Press. Hazard, Jean (2007). "Claude Perrault, architecte célèbre, médecin inconnu, chercheur indefatigable" (in French) ["Claude Perrault, famous architect, unknown physician, untiring researcher"]. Histoire des Sciences médicales, vol 41, no. 4, pp. 399–406. . Hermann, Wolfgang (1982). "Perrault, Claude", vol. 3, pp. 391–392, in Macmillan Encyclopedia of Architects, edited by Adolf K. Placzek. Londres: The Free Press. . Michel, Christian (1996). "Perrault family: (3) Charles Perrault", vol. 24, p. 470, in The Dictionary of Art, edited by Jane Turner. Londres: Macmillan. Neuman, Robert (2013). Baroque and Rococo Art and Architecture. Boston: Pearson. . Perrault, Claude; Lesure, François. "Du bruit"; et "De la musique des anciens", extracts from Oeuvres diverses de physique et de mécanique (tome 2); and Préface manuscrite du Traité de la musique de Claude Perrault (Bibl. Nat. manuscr. fr. 25,350). Bibliothèque nationale de France. Picon, Antoine (1988). Claude Perrault, 1613–1688, ou, La curiosité d'un classique. París: Picard. . Tadgell, Christopher (1996). "Perrault family. (2) Claude Perrault", vol. 24, pp. 470, in The Dictionary of Art, edited by Jane Turner. Londres: Macmillan.

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1613 Categoría:Finados en 1688 Categoría:Arquitectos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia