Allen-Bradley é a marca de Rockwell Automation especializada en automatización industrial. Rockwell Automation ten a súa sede en Milwaukee, Wisconsin.

Traxectoria A empresa foi fundada en 1903 baixo o nome de Compression Rheostat Company cun capital inicial de 1.000 dólares por Lynde Bradley e Stanton Allen.

En 1909 o nome cambiouse a Allen-Bradley Company.

1985 foi un ano crucial para a empresa: alcanzou uns ingresos de mil millóns de dólares e foi adquirida simultaneamente por Rockwell International, máis tarde Rockwell Automation, o 20 de febreiro por 1.651 millóns de dólares.

A Allen-Bradley Clock Tower (Torre do Reloxo Allen-Bradley) en Milwaukee é o reloxo de catro lados máis grande do mundo.

Produtos Allen-Bradley fabrica PLCs, sensores, paneis de interface home-máquina (HMI), sistemas de seguridade, software, controis e accionamentos de motores eléctricos e controladores de movemento. Tamén ofrece servizos de reparación e consultoría.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América