O Domaio Fútbol Club é un club de fútbol da parroquia moañesa de Domaio. Foi fundado en 1946. Xoga os seus partidos coma local no campo de fútbol da Granxa, en Domaio, inaugurado o 3 de marzo do mesmo ano, cunha capacidade de 265 seareiros.

Historia O Domaio FC foi fundado en 1946 baixo a denominación deturpada de Domayo FC. Ao longo do século XX foi alternando entre diferentes competicións, como a Serie A (equivalente á Preferente galega), o campionato de Modestos de fútbol de afeccionados ou a copa das Rías Baixas. O primeiro partido do equipo produciuse ante o Minguela, un equipo de afeccionados de Vigo, que derrotou ao Domaio por 1 gol a 2. O primeiro presidente da entidade foi Maximino Peralba.

En 1993 adquire a denominación de Domaio FC ao corrixir a forma castelanizada.

Escudo e cores As cores do Domaio FC son o vermello e o azul, como así o atestemuñan o seu uniforme ou o seu escudo. A vestimenta local consta dunha camisola vermella, un pantalón azul e unhas medias vermellas.

O escudo está formado por un brasón esférico atravesado por un bandeirín branco no que se len as letras "Domaio FC". Dita bandeira separa en dúas metadas a esfera do brasón, sendo a metade superior vermella e a inferior azul. Finalmente, unha coroa vermella e unha pelota de fútbol branco enriba rematan o escudo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos CD Moaña Ligazóns externas Domaio CF Web resultadosdefutbol.com

Categoría:Deporte en Moaña Moaña