O río Salaca (en estoniano: Salatsi jõgi) é un río situado no norte de Letonia. Nace no lago Burtnieks, na rexión de Vidzeme, e percorre 90 km ata desembocar no golfo de Riga, no mar Báltico.

O río flúe a través de tres localidades: Mazsalaca, Staicele e Salacgrīva. Son características as súas beiras do período Devónico, en forma de cantís de arenito vermello, con numerosas covas e rápidos. O Salaca destaca por ser un río cunha gran cantidade e calidade de salmóns.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Golfo de Riga Mar Báltico Xeografía de Letonia

Ligazóns externas

Categoría:Ríos de Letonia Categoría:Ríos do mar Báltico