miniatura|O Pader xunto ao muíño de auga Stümpel.
O río Pader é un río de Renania do Norte-Westfalia, en Alemaña, afluente pola esquerda do río Lippe. Atravesa a cidade de Paderborn, á que dá nome. Aínda que é bastante ancho, ten só 4 km de lonxitude, o que o converte nun dos ríos máis curtos de Alemaña deste tamaño.
miniatura|esquerda|Fontes do Pader en Paderborn.
O Pader nace dun conxunto de surxencias cársticas situadas no centro de Paderborn, coñecidas colectivamente como as fontes do Pader (Paderquellen). Os principais mananciais son o Maspernpader, o Dielenpader, o Rothobornpader, o Börnepader, o Dammpader e o Warme Pader.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Ríos de Renania do Norte-Westfalia Categoría:Ríos de Alemaña