Kassari é unha illa do mar Báltico, pertencente a Estonia. Atópase ao sur da illa de Hiiumaa, coa que está unida por estradas elevadas, e forma parte do arquipélago Moonsund.

A illa ten unha superficie de 19,3 km² e unha poboación duns 300 habitantes. Administrativamente pertence ao condado de Hiiu e ao municipio de Hiiumaa. Ata a reforma administrativa de 2017 formou parte do antigo municipio de Käina.

Na illa hai catro aldeas: Esiküla, Kassari, Orjaku e Taguküla.

Kassari conta coa Casa de Exposicións de Kassari, pertencente ao Museo de Hiiumaa. A illa tamén está vinculada á escritora Aino Kallas e ao lingüista e diplomático Oskar Kallas, que pasaron tempadas nela.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kassari en Saared.ee

Categoría:Illas de Estonia