Xosé Lois Ríos Paredes, nado en Moaña, en 1953, coñecido como Lois Ríos, é un sindicalista galeguista vinculado á Unión do Pobo Galego (UPG) que participou nos traballos do Sindicato de Traballadores de Banca de Galiza (UTBG) e que desempeñou un papel importante na creación do Sindicato de Traballadores de Galiza (SOG) e na fundación da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), da que foi o seu primeiro secretario xeral, elixido en xaneiro de 1982 durante o primeiro Congreso da organización. En 1983, foi sucedido no cargo por Xan Carballo, como segundo secretario xeral da INTG.
Traxectoria Durante os anos setenta militou na clandestinidade nacionalista e mantivo relación política con Moncho Reboiras, unha das figuras máis relevantes do nacionalismo galego antifranquista. Nunha entrevista publicada en Sermos Galiza, Lois Ríos relatou a súa relación con Reboiras e a actividade política e sindical desenvolvida naquela etapa.Vidal, Carme: “O momento no que matan a Moncho Reboiras é crucial para o nacionalismo”, Sermos Galiza, 2015. O 11 de agosto de 1975 a Brigada Político Social (BPS) estableceu un control no barrio ferrolán de Canido. Ás 2 da mañá varios efectivos da BPS xunto a varios axentes da Policía Armada acordoaron o edificio onde se atopaba Ríos con Reboiras e Elvira Souto. Ríos e Souto lograron fuxir. Ao cabo de dúas horas a policía entrou no portal do número 27 da rúa da Terra, onde estaba Moncho morto polos disparos que recibira polas costas cando intentaba fuxir. Un dos tiros atravesoulle a arteria subclavia que lle provoca a hemorraxia que lle causa a morte no portal onde deu chegado.
A súa traxectoria estivo ligada ao sindicalismo nacionalista e á defensa dunha perspectiva soberanista para Galiza.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Unión do Povo Galego Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos Moncho Reboiras Sindicato Obreiro Galego
Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1953 Categoría:Políticos da UPG Categoría:Nacionalistas galegos Categoría:Sindicalistas de Galicia