A Arca do Barbanza é un dolmen situado en Cures (Boiro).
Descrición Este monumento megalítico mide uns 6 m de longo. Ten cámara poligonal con seis ortóstatos, un deles como cobertura lixeiramente desprazada, que podería pesar unhas sete toneladas, e un corredor triangular con dúas seccións. Sitúase no curso medio do río Barbanza, do que toma o nome. Atópase en bo estado de conservación, e forma parte da Ruta das Mámoas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de megálitos de Galicia
Ligazóns externas
Categoría:Dolmens de Galicia Categoría:Boiro