A batalla de Guadalacete librada no ano 854, enfrontou as forzas combinadas dos reinos galego e pamplonés, xunto coa poboación rebelde de Toledo, contra as tropas do emir Mohamed I de Córdoba.
Historia Segundo Eduardo Manzano Moreno, a batalla tivo lugar no que hoxe é o concello de Villaminaya, este historiador só menciona un rei cristián, Ordoño I. Tras a morte do emir Abd al-Rahman II no ano 852, a poboación de Toledo levantouse, como xa fixera en ocasións anteriores. Segundo Eduardo Manzano Moreno, o que motivou o pobo de Toledo a rexeitar a soberanía do emir de Córdoba foron "as imposicións fiscais... a resistencia a aceptar gobernadores que non foran aprobados pola cidade". "O feito de que conseguisen resistir os asedios ou de que só aceptasen negociar baixo certas condicións demostra ata que punto a comunidade toledana, profundamente arabizada e, en gran medida, islamizada, estaba unida e cohesionada". Para garantir o éxito da rebelión, o pobo de Toledo pediu axuda ao rei do Reino de Galicia, Ordoño I. Así se desenvolveu a batalla, que rematou cunha contundente vitoria para o emir cordobés, inda que, como sinalou Manzano Moreno, "non extinguiu o foco da revolta na cidade".
Ibn Khaldún, que se baseou nas crónicas do século X, relatou os acontecementos do seguinte xeito:O pobo de Toledo solicitou a axuda do rei de Galicia e do rei dos vascos, que acudiron a liberalos coa axuda dos habitantes da cidade. O exército de Toledo, formado polas forzas combinadas do pobo de Toledo e dos reinos cristiáns, ao ver o exército do emir moi reducido, marchou ás beiras do río Guadalacete e loitou con ferocidade, derrotando ao emir. Retirouse máis ao sur, perseguido polo exército de Toledo, que caeu nunha emboscada, xa que o groso do exército árabe anticipaba este movemento. Isto resultou na masacre de máis de oito mil persoas, dando a vitoria ao imperio musulmán e esmagando a rebelión de Toledo.
Notas
Categoría:Batallas do Reino de Galicia Categoría:Batallas da Reconquista Categoría:854