A baquelita foi o primeiro plástico fabricado con compoñentes sintéticos. Foi desenvolvida polo químico Leo Baekeland en Yonkers, Nova York, en 1907 e patentada o 7 de decembro de 1909.
A baquelita foi un éxito comercial porque podía moldearse en calquera forma. Empregouse para produtos tan diversos como utensilios de cociña, xoias, tubos de pipa, xoguetes infantís e armas de fogo. Debido a que a baquelita é resistente á calor e non condutora da electricidade, tamén se empregou para fabricar produtos como illantes eléctricos e carcasas para radios e teléfonos.
A creación dun plástico sintético foi revolucionaria para a industria química, que naquel momento se centraba principalmente en tinguiduras para tecidos e explosivos. O éxito comercial da baquelita levou ao desenvolvemento doutros plásticos sintéticos. Como primeiro plástico sintético comercial do mundo, a baquelita foi nomeada National Historic Chemical Landmarks (Monumento Histórico Químico Nacional) pola American Chemical Society (Sociedade Química Americana).
Formalmente, a baquelita é un polioxibencilmetilenglicolanhídrido, unha resina de fenol-formaldehído termoendurecible, formada a partir dunha reacción de condensación de fenol con formaldehído.
O atractivo retro dos antigos produtos de baquelita converteunos en coleccionables.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Plásticos Categoría:Dieléctricos