Timbal pode referirse aos seguintes instrumentos musicais de percusión:

o timbal de concerto ou timbal sinfónico, instrumento membranófono de son grave empregado na música académica; os timbais latinos, tamén chamados pailas ou timbaletas, tambores cilíndricos dun só parche, con corpo metálico, máis baixos ca os tom-toms e de afinación máis aguda; o timbal baiano, timbal brasileiro ou timbau, membranófono orixinario do Brasil, consistente nun tambor lixeiramente cónico, de madeira contrachapada ou metal.

En gastronomía, timbal é unha preparación elaborada cunha mestura de ingredientes, principalmente carne ou peixe, coa que se enche unha masa ou un molde, polo xeral de forma cilíndrica.