Erwin Friedrich Theodor Stresemann, nado o 22 de novembro de 1889 en Dresde, finado o 20 de novembro de 1972 en Berlín Leste, foi un naturalista e ornitólogo alemán. Stresemann foi un importante ornitólogo que complilou un dos primeiros e máis completos informes da bioloxía das aves do seu tempo como parte do libro Handbuch der Zoologie (Manual de Zooloxía). Tamén elaborou un dos informes históricos máis amplos do desenvolvemento da ciencia da ornitoloxía. Influíu en numerosos ornitólogos que o rodeaban e supervisou o desenvolvemento da ornitoloxía en Alemaña como editor da revista Journal für Ornithologie. Tamén estivo interesado en poesía, filosofía e lingüística. Publicou unha monografía da lingua paulohi, falada na illa Seram, baseándose en estudos feitos durante a súa expedición ornitolóxica ás illas de Indonesia.

Primeira parte da vida Stresemann naceu en Dresden fillo de Richard, un boticario, e María. O seu avó Theodor era propietario da farmacia Zum Roten Adler de Berlín-Kölln mentres que o seu pai e un irmán, Gustav, posuían a Mohrenapotheke de Dresde desde 1876. A familia era acomodada, e proporcionaba un ambiente estimulante, e el empezou a interesarse polos escaravellos e en manter un vivario. Cando estudaba no Vitzthum Gymnasium, o mestre de matemáticas e bioloxía, Dr. Otto Koepert, deule a Erwin a tarefa de organizar a colección da escola de aves americanas e africanas. A unha idade comparativamente nova podía viaxar a Heligoland, Bornholm e Moscova. Despois da escola secundaria, estudou zooloxía na Universidade de Jena en 1908, e despois trasladouse á Ludwig-Maximilians-Universität München para estudar baixo Richard von Hertwig, e despois foi para a Universidade de Freiberg de Minaría e Tecnoloxía. Establceu contacto con Ernst Haeckel e estudou bioloxía mariña en Bergen. Tomou un descanso entre 1910 e 1912 para unirse como ornitólogo á "Segunda Expedición de Freiburg" ás illas Molucas (1910–12). A expedición liderábaa Karl Deninger, un xeólogo que visiara as illas en 1906–1907. A eles uniuse o etnólogo Odo Deodatus Tauern. Os custos estaban a cargo dos participantes, e Stresemann preparouse en fauna, xeoloxía e etnoloxía das Moluccas. Foi a Tring e consultou con Ernst Hartert e despois subiu montes e adestrouse para soportar a calor subindo ao monte Vesuvio. Os tres tiñan un barco construído a medida pero a embarcación non conseguira chegar ás Molucas cando eles chegaron a Singapur nun barco de Lloyd Steamer en setembro de 1910. Interaccionaron co pobo sekai por medio do explorador italiano G. Emilio Cerruti que vivira alí durante dúas décadas (como rei da tribo!). O seu barco "Friborg" chegou en novembro pero o navío tivo problemas e acabaron varados en Bali. A reparación do barco en Xava tardaría tres semanas xestionada por Deninger, mentes que Stresemann e Tauern cruzaron Bali examinando a fauna (engadindo 53 especies novas de aves de Bali). O Friborg afundiuse mentres Deninger volvía a Bali e, en consecuencia, toda a viaxe se tivo que facer nun vapor holandés. Viaxaron ao centro de Seram e durante este tempo Stresemann interesouse moito polos nativos alfurianos. Pasou seis meses estudando a linguaxe e explorando Buru. Finalmente tornaron a Europa o 1 de abril de 1912 con 1200 aves para taxidermizar. Stresemann entón estudou as coleccións de aves no Museo Rothschild de Tring, onde traballaba Ernst Hartert. O seu estudo era sufragado por Rothschild, e nomeáronse varias especies novas no seu honor. Stresemann tamén publicou os seus estudos sobre o agora case extinto idioma paulohi e escribiu unha monografía sobre o asunto nun artigo sobre as relacións desa lingua con outras. Tamén publicou sobre os costumes relixiosos de Seram.Stresemann, E. (1927). "Die Lauterscheinungen in den ambonischen Sprachen". Zeitschrift fur Eingeborenen-Sprachen (en alemán), Supplement 10. Berlin, Reimer. Stresemann tamén se interesou pola poesía, as obras de Goethe, Descartes e Bismarck. Os estudos de Stresemann fron interrompidos polo inicio da primeira guerra mundial e foi recrutado como conscrito, servindo inicialmente nunha unidade de artillaría na fronte occidental. Desde un globo ancorado usado para estudar a precisión da artillaría, fixo estudos usando telémetros sobre a altura do voo do cirrios. Foi trasladao a Italia, onde caeu ferido en novembro de 1917. Volveu a Múnic e reiniciou os seus estudos e graduouse con especialización en zooloxía e nas materias secundarias de botánica e antropoloxía. Estudou brevemente co profesor Richard von Hertwig en Múnic e examinaron a avifauna de Macedonia. Graduouse cum laude en marzo de 1920.

Aves

miniatura|Páxina do título do volume de 1934de Manual de Zooloxía. Un dos primieros logros de Stresemann foi a súa autoría das partes relativas ás Aves no Handbuch der Zoologie (Manual de Zooloxía). En 1914, o editor da serie, Willy Kükenthal (1861–1922), encargoulle a tarefa a el despois de que outros como Anton Reichenow (1847–1941), Valentin Haecker (1864–1927) e Oskar Heinroth (1871–1945) rexeitaron aceptala, xa que estaban ocupados. A súa posición como estudante de zooloxía de 24 anos de idade en comparación coa doutros era notable e Jurgen Haffer sinala que este traballo actuou como un trampolín para a súa futura carreira. Stresemann tiña eminentes pares e mentores como Ernst Hartert, Carl Zimmer, Otto Kleinschmidt e Carl Eduard Hellmayr. O traballo de Aves seguiu poñéndose ao día ata 1934 e Stresemann elaborou un dos tratados máis completos sobre as aves. Tamén comprendía anatomía, morfoloxía, comportamento, fisioloxía e evolución dun modo que non se utilizara en ningún traballo anterior. Ata a década de 1960 non apareceu unha obra comparable en lingua inglesa, que sería o traballo de multiautoría editado por A.J. Marshall (1960–1961) e posteriormente a serie en varios volumes Avian Biology editada por Farner e King.

Berlín miniatura|Stresemann (á esquerda) en Vesterkulla, 8 de xuño de 1958 durante o XII Congreso Ornitolóxico en Finlandia. En 1920 sucedeu a Anton Reichenow (que xa tiña setenta e tantos anos) como curador de ornitoloxía no Museo Zoolóxico de Berlín, un posto no que permaneceu ata que se xubilou en 1961. O nomeamento sopresa foi por medio da influencia de Kükenthal. Asistiu a xuntanzas do Deutsche Ornithologen-Gesellschaft onde era coñecido pola súa brillante argumentación. Demostrou ser unha persoa con amplas lectuas e un enorme coñecemento. O seu primeiro estudante foi Bernard Rensch. A este seguiuno Theodor Elsässer, que estudaba as plumas iridescentes para o seu doutoramento. Despois, Ernst Mayr, que estudaba zooxeografía, Ernst Schüz, que estudaba a evolución da penuxe, Wilhelm Meise que se especializaba en sistemática, [Emil Kattinger]] e Fritz Frank. Cada un interesábase por diversos tópicos da ornitoloxía. Converteuse en profesor en 1930 e desde 1946 a 1961 foi profesor titular na Universidade Humboldt de Berlín. En novembro de 1935, Leonard Cutler Sanford invitou a Stresemann á Universidade de Yale e ofreceulle un posto alí. Porén, Stresemann pensaba que pertencía a Berlín. Escribiu que podería traballar alí pero non podería vivir alí. Durante os anos da guerra a partir de 1941, asegurouse de que as 40.000 peles de aves taxidermizadas e libros raros fosen almacenadas en sitio seguro nun soto subterráneo. Foron restaurados despois da guerra. Tamén mantivo comunicación con ornitólogos europeos que eran prisioneiros de guerra en Alemaña e asegurouse que recibisen os últimos artigos de investigación. Durante a súa carreira, traballou continuamente en varias áreas da ornitoloxía e mantivo variados intereses, o que lle permitiu producir o maior tratado da historia no campo da ornitoloxía. Contra a década de 1960 recoñeceu a súa propia debilidade por non comprender as apliccións da estatística en ornitoloxía ou a aplicación da bioquímica á sistemática. Nese momento, cambiou o seu foco de atención, coa colaboración da súa segunda esposa Vesta, ao estudo dos padróns que seguían as mudas nas aves. The Frank M. Chapman Memorial Fund permitiulle examinar coleccións de aves en todo o mundo para estudar as mudas. Na súa obra de 1966 dedicada a Oskar Heinroth, examinou o padrón das mudas e tratou de ver se había neles padróns filoxenéticos e chegou á conclusión que non mostraban ningunha clara relación. Encontrou outros caracteres biolóxicos que parecían influír na muda, polo menos nas plumas de voo. Condecorárono coa Orde Patriótica do Mérito da República Democrática de Alemaña (GDR).Biographical information from the manual "Who was who in the GDR?" Número 5. Volume 2 Ch links, Berlín 2010, . Nas décadas de 1960 e 1970 déronlle a el e á súa dona permisos especiais para cruzaren o muro de Berlín en calquera momento que quixesen visitar o Museo Zoolóxico.

Cando o Museo de Historia Natural de Londres estableceu as súas coleccións de ornitoloxía en Tring en xullo de 1972, Stresemann e a súa muller foron invitados especiais á inauguración.

Influencias

miniatura|esquerda|As cinzas de Stresemann foron enterradas na tumba do seu mentor Ernst Hartert en Waldfriedhof Dahlem Stresemann foiun dos ornitólogos máis destacados do século XX, mais a miúdo non é recoñecido fóra de Alemaña porque a maioría dos seus traballos estaban escritos en alemán e foron ignorados durante as rivalidades do tempo da guerra. Cando tiña 40 anos de idade, elixiron a Stresemann presidente do 8º Congreso Internacional. Animou a varios científicos alemáns novos, incluíndo os seus famosos estudantes Ernst Mayr e Bernhard Rensch. Stresemann propuxo que o illamento xeográfico era fundamental para a especiación das aves, unha idea que foi desenvolvida despois por Mayr.

A influencia de Stresemann en ornitoloxía debeuse á súa obra Aves, ser editor do Journal für Ornithologie, o liderado da DO-G e por ser mentor de estudantes. Estableceu o que se chamou a "Nova Bioloxía das Aves". Porén, Mayr sinalou que malia ser progresista en ciencia, Stresemann non comprendía ben a síntese da evolución e a xenética.

Stresemann foi director durante moi tempo do Journal für Ornithologie (de 1922 en adiante). Como editor, apartouse do foco tradicional sobre a fauna e as coleccións e tiña preferencia por artigos que trataban da anatomía, fisioloxía, e estudos da historia vital e comportamento das aves. A súa principal publicación foi o volume Aves (1927–1934) do Handbuch der Zoologie (Manual de Zooloxía). Tamén escribiu Entwicklung der Ornithologie von Aristoteles bis zur Gegenwart (1951), unha revisión do desenvolvemento da ornitoloxía desde Aristóteles aos tempos modernos, traducido ao inglés en 1975 como "Ornithology from Aristotle to the Present" (Ornitoloxía desde Aristóteles ao presente).

Vida persoal