Gloria Giner de los Ríos García, nada en Madrid o 28 de marzo de 1886 e finada na mesma cidade o 6 de febreiro de 1970, foi unha profesora española da Escola Normal Superior de Mestras e da Institución Libre de Enseñanza. Autora de manuais dedicados ao ensino da historia e da xeografía con vocación renovadora, desenvolveu xunto con Leonor Serrano Pablo a «receita» educativa que chamaron «observación entusiasta». Ademais, tentaron que o canon androcéntrico dos estudos xeográficos incluíse as mulleres. Filla de Hermenegildo Giner de los Ríos (irmán de Francisco Giner de los Ríos) e de Laura García Hoppe, contraeu matrimonio con Fernando de los Ríos Urruti. Tiveron unha filla, Laura de los Ríos Giner, que casou con Francisco García Lorca, irmán de Federico. Gloria foi unha das mulleres que viviron no exilio durante a ditadura franquista e formou parte da elite intelectual que levou a cabo un frutífero labor educativo, filolóxico, literario, xurídico e cultural.

Traxectoria Filla de Laura García Hoppe e de Hermenegildo Giner de los Ríos, Gloria Giner pasou a súa infancia e adolescencia en Madrid, Alacant e Barcelona, cidades onde o seu pai desempeñou a cátedra de filosofía. Terminados os estudos de bacharelato en 1906 e os de maxisterio en 1908, completou a súa formación na Institución Libre de Enseñanza e con cursos de arte, pedagoxía e filosofía. En 1909 incorporouse como primeira promoción á Escola de Estudos Superiores do Maxisterio.

Matrimonio e vida familiar e social O 1 de xullo de 1912 contraeu matrimonio con Fernando de los Ríos Urruti, quen obtivera a cátedra de Dereito na Universidade de Granada. Nesta cidade o matrimonio fixou a súa residencia e Gloria foi profesora da Escola Normal, por dereito de consorte ao principio e, despois, con praza propia. Un ano despois naceu Laura de los Ríos Giner. En Granada a familia Ríos Giner estabeleceu amizade coa familia García Lorca, con Manuel de Falla e con Berta Wilhelmi e o seu esposo Eduardo Domínguez. Berta estaba en contacto coa Institución Libre de Enseñanza e organizara unhas colonias escolares en Almuñécar. Gloria organizou, coa súa colaboración, a educación da súa filla Laura e doutros nenos, entre quen se atopaba Isabel García Lorca, co fin de apartalos do ensino privado que se impartía na Granada de entón.

Laura de los Ríos e Isabel García Lorca Federico García Lorca foi un dos amigos do selecto círculo da familia Ríos. O «Romance Sonámbulo» adicoullo a este matrimonio. Federico fixo que se coñecesen as dúas nenas. A amizade entre elas foi moi intensa e duradeira. Co tempo chegaron a ser cuñadas, pois Laura casou con Francisco García Lorca, irmán menor de Federico. Isabel García Lorca lembrou a Gloria nunha entrevista:Noutra entrevista, Laura relatou como era a vida da súa nai en Granada:

Carreira profesional En 1931, o Goberno Provisional da República nomeou ao seu marido ministro de Xustiza, e en decembro, ministro de Instrución Pública. Gloria díxolle á súa filla «Eu non vou renunciar á miña carreira e vivir de ministra». Con todo, realizou algunhas funcións protocolarias e acompañou o seu marido nas viaxes por España. En 1932 quedou en excedencia como profesora na Escola Normal, pero seguiu dando clases na Institución Libre de Enseñanza. En 1933, despois de o seu marido renunciar ao cargo no Goberno, reincorporouse á docencia aceptando a praza de Zamora. Durante tres cursos viviu soa nun cuarto de hotel tres días por semana, e regresaba a Madrid o resto da semana. En Zamora, como en Granada, a sociedade burguesa ignorouna por ser muller dun socialista e non asistir ás prácticas relixiosas.

Exilio A finais de setembro de 1936 Fernando de los Ríos foi nomeado embaixador de España nos Estados Unidos, cargo que ocupou até marzo de 1939. Gloria trasladouse a Washington coa súa filla, a súa nai e un sobriño do seu marido. Máis tarde incorporouse Fernanda Urruti, nai de Fernando. En Washington, Gloria foi convidada varias veces ás reunións que organizaba Eleanor Roosevelt na Casa Branca. Durante a guerra civil Fernando de los Ríos foi separado do servizo de catedrático da Universidade de Madrid. En 1939 o réxime franquista separouno definitivamente da súa cátedra.

Fernando de los Ríos impartiu clases no New School for Social Research de Nova York, institución fundada para acoller intelectuais de Europa que emigraran por causas políticas. Gloria foi profesora na Universidade Columbia. A familia Ríos-Giner viviu o exilio dos EUA, que sen chegar a recoñecer o exilio republicano español someteu ás leis de inmigración a quen quixeron entrar. Agora ben, os artistas e os universitarios quedaban exentos da ríxida lei de cotas de inmigración sempre que tivesen o aval de cidadáns do país ou fosen reclamados por algunha universidade. Gloria foi unha das profesoras exiladas que pasaron por universidades estadounidenses e formou parte dunha elite que levou a cabo un frutífero labor intelectual e artístico.

En 1942 a súa filla Laura contraeu matrimonio con Francisco García Lorca, irmán menor do poeta Federico, na capela Mead do Middlebury College onde ambos eran profesores da Escola Española. Deste matrimonio naceron tres fillas. A familia viviu o exilio no piso familiar que

Muller infatigábel, ademais de preparar as clases, escribir poemas e traballar na publicación das súas obras, coidaba as súas tres netas, sacábaas de paseo e se era necesario collía o metro e subíaas en autobús en Nova York.

En 1949 finou Fernando de los Ríos. Ao enterro acudiu máis de medio centenar de personalidades da política e a cultura. José de los Ríos (o irmán menor de Fernando) e Francisco García Lorca presidiron o dó familiar. A esposa, a nai e a filla de Fernando de los Ríos quedaron na casa durante o enterro, de acordo co costume habitual na España de entón. Os restos de Fernando de los Ríos foron trasladados ao cemiterio civil de Madrid o 28 de xuño de 1980.

Regreso a España miniatura|Tumba de Gloria Giner no Cemiterio civil de Madrid Gloria Giner regresou a España coa familia da súa filla en 1965. Finou en Madrid o 6 de febreiro de 1970. A prensa de Bogotá publicou a noticia lembrándoa como unha figura destacada nos estudos xeográficos e históricos.

O ensino da Xeografía Gloria e a súa gran amiga Leonor Serrano Pablo foron as grandes cultivadoras do ensino da xeografía co fin de conectar co alumnado. Gloria defendeu a capacidade formativa das artes plásticas «como base real do ensino da Historia nos primeiros anos de formación da cultura do neno». Esa forza didáctica da arte tamén a ten a literatura, polo que Gloria consideraba —igual que Rafael Altamira— que a literatura é nun sentido lato, auxiliar da Historia. Isto apréciase na súa obra Cien lecturas históricas que:

Con Rafael Altamira e María Montessori como referentes, levaron a cabo un ensino da xeografía que, en palabras de Leonor, xiraba arredor da «observación entusiasta». Esta consistía en ensinar xeografía dialogando co alumnado e fortalecendo a súa relación física e emocional coa contorna. Outra parte da observación entusiasta era a emocional. Debíanse deixar fose as imposicións de memorizacións sen sentido. En palabras de Gloria, «educábase a súa alma e fortalecíase o seu espírito».

Para que o contido científico se entendese ben, utilizaban lendas, poesías, relatos curtos e cancións populares para apoiar as explicacións xeográficas. O ensino da xeografía necesitaba doutra disciplina de apoio: a Historia. Os adiantos científicos e cartográficos tiñan un valor complementario. Gloria consideraba que os textos sobre viaxes eran un recurso útil para o ensino do temario de xeografía, co que o alumnado lograse, ao aprender, «gozar e amar a Terra».

A educación debía estar baseada no principio de respecto tanto á contorna circundante como ás persoas que o habitan. Gloria insistiu en que xeraba gozo a conexión da parte máis persoal e íntima da persoa co que, de forma espontánea, ofrecía o medio.

Serrano e Giner expuxeron a inclusión real das mulleres no canon androcéntrico dos estudos sobre xeografía. O dicionario da Real Academia Española incluíra en 1803 a acepción do termo «home» na súa referencia a toda a humanidade. Tomando o termo como inclusivo das mulleres, entendían que obrigaba os homes a relacionarse coa natureza como o facían as mulleres. En palabras de Leonor Serrano, o que se ía fomentar ao deixar sen sentido as referencias androcéntricas na xeografía era unha «nova humanidade creadora, amorosa, anti-destrutora e anti-guerreira». Este ensino conecta, en opinión de Simón Alegre, co que na linguaxe do século XXI se denomina o desenvolvemento dunha educación ambiental e/ou as primeiras manifestacións do ecofeminismo.

Obras

Historia de la pedagogía (1910). Weimer, Hermann 1872-1942 (Tradución). Geografía Primer grado. Aspectos de la naturaleza y vida del hombre en la tierra (1919). Geografía: Primer grado, obra conxunta con Federico Ribas (1919). Geografía general. El cielo, la Tierra y el hombre (1935). Cien lecturas históricas (1935). Lecturas geográficas. Espectáculos de la naturaleza, paisajes, ciudades y hombres. (1936). Romances de los ríos de España (1943). Manual de historia de la civilización española (1951). Cumbres de la civilización española: Interpretación del espíritu español individualizado en diecinueve figuras representativas (1955). El paisaje de Hispanoamérica a través de su literatura: (antología) (1958). Introducción a la historia de la civilización española (1959). Por tierras de España (1962).

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Profesores da Institución Libre de Enseñanza Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Feministas de España