Squirrel é unha canle de televisión aberta propiedade de Squirrel Media, que emite por unha das dúas canles que a Sociedade Xestora de Televisión Net TV, empresa da que Squirrel Media posúe o 75% do capital social, ten no ámbito da Televisión dixital terrestre en España. Trátase dunha canle de entretemento cuxa programación se basea na emisión de cine, aínda que en menor medida tamén emite series e algún docu-reality, así como programas de temas náuticos e hípicos (estes dous últimos procedentes de Nautical Channel e Horse TV, canles temáticas dos que é dona Squirrel Media).

Historia O 27 de novembro de 2024, The Walt Disney Company Iberia anunciou que, a partir do 7 de xaneiro de 2025, Disney Channel cesaría as súas emisións. Aínda que non se revelou inicialmente que canle o substituiría en TDT, ás 00:00 do 7 de xaneiro de 2025, tras o cesamento das emisións de Disney Channel, comezou a emitir Squirrel, propiedade de Squirrel Media, o terceiro operador televisivo en España que, ademais, ten presenza en máis de cen países en diversas áreas comunicativas e diversos medios como Net TV, BOM Cine, BOM Radio, BOM Channel, Horse TV, Nautical Channel ou CanalDeporte. O lanzamento de Squirrel incluíu unha breve promoción que anunciaba a chegada da canle, cuxo contido se centraría no cine. A primeira película que transmitiu foi Love Happens.O 30 de xaneiro de 2025, Orange TV e Vodafone TV incorporaron a canle á súa oferta básica de televisión, converténdose nas primeiras plataformas de pago en engadila. Pola súa banda, Movistar Plus+ aínda non ten prevista a inclusión da canle na plataforma. Pouco despois, á parte de cine, engadíronse programas de temas náuticos e hípicos procedentes doutras canles temáticas da empresa Squirrel Media (Nautical Channel e Horse TV). Do mesmo xeito, desde o 5 de maio de 2025, comezou a emitir series como Cuéntame como pasó desde o principio ou programas como Un país para comerselo, ao ser donos da produtora da serie e o programa (Ganga).

O 1 de xaneiro de 2026, co obxectivo de ampliar a súa presenza en aberto e redefinir a temática dos seus sinais, Squirrel Media reestruturou as súas canles para tamén cubrir o espazo deixado por Paramount Network e ordenar o catálogo de contidos do grupo. Así, ao lanzamento en xaneiro de 2025 de Squirrel, cuxo contido se centra no cine, uniuse Squirrel 2, orientada principalmente á ficción televisivau, cunha programación centrada en series, aínda que mantendo tamén a emisión de cine, pero en menor medida que a primeira canle.

Programación Squirrel, dispoñible en TDT e nas principais plataformas do país, emite máis de dez películas ao día con títulos nacionais e internacionais, clásicos e actuais, e de todo tipo de xéneros. Deste xeito, a proposta de Squirrel reforza a oferta de cine en aberto en España. Ademais, emite tamén espazos de náutica e hípica, así como as series e programas Cuéntame como pasó, Un país para comérselo e Ochéntame otra vez.

Audiencias AnoXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembroMedia anual20250,5%**0,9%0,9%0,9%0,9%0,9%0,9%1,0%1,0%0,9%0,9%0,9%0,9%20260,9%1,0%1,1%*1,1%*1,0%

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Canles de televisión