Henry Bence Jones, nado en Stoke-by-Nayland (Suffolk) o 31 de decembro de 1813 e finado en Londres o 20 de abril de 1873, foi un médico e químico inglés.

Traxectoria Mocidade

Bence Jones naceu en Thorington Hall, Stoke-by-Nayland, Suffolk, fillo do tenente coronel William Jones, un oficial dos Gardas do 5º de dragóns, e de Matilda (nacida Bence) Jones (filla do reverendo Bence Bence de Thorington Hall, Suffolk). O seu irmán mais vello era o destacado agricultor William Bence Jones, que casou con Caroline Dickinson (filla do parlamentario William Dickinson). Asistiu á escola de Hingham, Norfolk, así como a unha escola privada en Putney. Estudou en Harrow en 1827 e despois pasou ao Trinity College, Cambridge en 1832, obtendo a súa graduación en 1836."Jones [post Bence-Jones], Henry Bence (JNS831HB)". A Cambridge Alumni Database. University of Cambridge. Inicialmente traballou para un farmacéutico, pero despois (1838) matriculouse para estudar medicina no St George's Hospital, e en 1839 estudou química no University College, Londres. En 1841 trasladouse a Giessen en Alemaña para traballar como químico con Liebig.

Carreira laboral Ao seu regreso ocupou un posto no Hospital St George's e despois de ser ascendido a médico axudante foi elixido en 1846 médico titular, renunciando por motivos de saúde en 1862. En 1847 describiu a hoxe chamada proteína de Bence Jones, unha proteína globulina atopada no sangue e urina, que indica mieloma múltiple ou macroglobulinemia de Waldenström.

Ademais de ser membro e despois censor sénior do Colexio Real de Médicos, e membro da Real Sociedade de Londres, ocupou o posto de secretario da Institución Real durante moitos anos. Deu a conferencia Croone no Colexio Real de Médicos sobre Materia e forza en 1868.

Escribiu, ademais de varios libros científicos e artigos en revistas científicas, a obra The Life and Letters of Faraday (1870).

Vida persoal O 28 de maio de 1842, Bence Jones casou coa súa segunda curmá, Lady Millicent Acheson, filla de Archibald Acheson, 2º Conde de Gosford e da súa esposa Mary Sparrow. Tiveron sete fillos.

Morreu en Londres o 20 de abril de 1873 e foi enterrado no cemiterio de Kensal Green. A súa viúva morreu en 1887.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Proteína de Bence Jones

Ligazón externas

O Dr. Bence Jones e a historia das cadeas lixeiras libres

Categoría:Nados en 1813 Categoría:Nados en Suffolk Categoría:Finados en 1873 Categoría:Químicos do Reino Unido Categoría:Médicos do Reino Unido