O castelo de San Paio de Luto (en , ou tamén citado como Castellum Sancti Pelagii de Lodo) foi unha fortaleza medieval situada nas proximidades de Ponte Sampaio, na desembocadura do sistema fluvial Verdugo–Oitavén, entre os actuais concellos de Pontevedra e Soutomaior. A súa posición estratéxica, no illote do Castelo, permitía controlar a ponte de Ponte Sampaio, un dos principais pasos do Camiño Portugués a Santiago de Compostela e unha importante vía de comunicación entre o sur e o norte de Galicia.

Historia Ao longo da Idade Media constituíu unha fortaleza de reguengo e un importante punto de control territorial, situada na fronteira entre as terras de Santiago e o antigo territorio de Toroño. Debido á súa proximidade á fronteira portuguesa, desempeñou tamén funcións militares durante os conflitos entre o Reino de Galicia e Portugal.

Durante o século XV participou nas loitas entre a mitra compostelá e a casa de Soutomaior. A fortaleza foi finalmente destruída e non chegou a ser reconstruída. Parte dos seus materiais foron reutilizados posteriormente na fortificación da ponte de Ponte Sampaio.

Localización A fortaleza erguíase nun pequeno illote coñecido como O Castelo, situado na enseada de San Simón, a escasa distancia da ponte de Ponte Sampaio. No século XVII o Padre Sarmiento teorizaba sobre a illa ao suxerir a posibilidade de que existise unha pequena construción defensiva para a protección de Ponte Sampaio. No presente, o illote atópase practicamente unido á terra polos procesos de sedimentación do esteiro, aínda que durante a Idade Media constituía un enclave illado de fácil defensa.

A súa situación permitía controlar o tránsito pola ponte, cobrar portádegos aos viaxeiros e peregrinos e vixiar a entrada á ría de Vigo. A súa localización constituía unha solución defensiva pouco frecuente en Galicia, comparable unicamente coa do Castellum Honesti, na illa de Cortegada.

Características A documentación medieval e os estudos arqueolóxicos indican que o castelo ocupaba practicamente toda a superficie do illote.De aspecto circular, no punto máis elevado da illa apreciaríase unha estrutura cuadrangular que poderían formar os alicerces dun antigo castelo. Apenas se conservan restos visibles da fortificación, limitados a algúns alicerces e elementos construtivos dispersos polo illote.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Illote do Castelo

San Paio de Luto