O parque de aviación Terramar foi un proxecto aeroportuario desenvolvido polo arquitecto vigués Antonio Palacios.
Características
Antonio Palacios localizou o aeroporto de Terramar no Cabo do Mar, unha pequena área de altiplanicie en Alcabre, a carón da praia de Samil. Ideouno como un pequeno aeroporto local para tráfico rexional e de aerotaxis, que funcionaría coma satélite do Aeroporto Nacional do Noroeste, o principal aeroporto que lle daría servizo á cidade de Vigo e contorna, deseñado por Jenaro de la Fuente Álvarez e César Vila López. Ambos os proxectos foron desbotados antes de se construíren. Notas
Véxase tamén Outros artigos Plan Palacios Aeroporto de Peinador Aeroporto Nacional do Noroeste
Categoría:Arquitectura civil en Vigo Categoría:Transporte en Vigo Categoría:Aeroportos e aeródromos de Galicia