Francisco Ascón Callejo, coñecido como Paco Ascón, nado en Barcelona en 1945, é un escritor e pintor galego que vive en Xares.
Traxectoria
Ten o estudio en Xares (A Veiga), traballa o óleo e a acuarela sobre paisaxes da terra, sendo Galicia a súa maior inspiración, xunto coa cidade de Ourense. Leva unhas 80 exposicións colectivas e máis de 60 individuais en Galicia, en España e no estranxeiro. Colabora na revista Nós a Xente do Redor con relatos, poemas e ilustracións.
Obras
Tener o Ser (2020). Círuculo Rojo. 86 páxs. ISBN 978-84-1363-341-1. Mis reflexiones Vitales (2023). Ourense: Andrómena Senlleira. 264 páxs. ISBN 978-84-123985-6-4. Habelas hainas, Los amores de Herminio y Divina (2026). Ourense: Andrómena Senlleira. 192 páxs. Prólogo de Avelino Jácome. ISBN 979-13-992190-0-5.
Ilustración
Lírica revuelta: Prosaía, de Avelino Jácome (2024). Editorial Andrómena Senlleira.
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1945 Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá