Fe Bahá'í250pxFundadorBahá'u'lláhDeidade máximaDeusTipoMonoteísmoNome e número de seguidoresBahá'ís, uns 6 millónsLibro Máis SagradoKítab-i-AqdasLingua litúrxicaCada individuo é libre de ler na súa propia linguaLingua dos textos sagrados orixinaisárabe e persaNace en IránSede Haifa (Israel)País con maior cantidade de bahá'ís India (2 millones)Sistema organizativoAsembleas Espirituais Locais, Asembleas Espirituais Nacionais e Casa Universal de Xustiza (Membros elixidos democraticamente)SímboloEstrela de nove puntasRelixións relacionadas xudaísmo, cristianismo, islamismo, hinduísmo, budismo, zoroastrismo, babismo A Fe bahá'í é unha relixión fundada en 1863 por Bahá'u'lláh e que actualmente é seguida por máis de 7 millóns de persoas en todo o mundo.
Os bahá'ís cren que todas as relixións proveñen do mesmo Deus e que teñen aparecido coa mensaxe divina para a humanidade a medida que esta tivo capacidade para recibila.
Historia O Bab En 1844 o profeta persa Siyyid `Alí-Muhammad, que tomou o título de "O Báb" (en árabe ‘a porta’), instituíu unha nova relixión. Esta era distinta do islam, aínda que xurdiu do seu seo, de igual modo que o cristianismo xurdiu do seo do xudaísmo e o budismo do hinduísmo. Os seguidores do Báb foron coñecidos como "babíes" e a súa relixión como babismo; tivo as súas propias escrituras e ensinanzas relixiosas, aínda que no entanto foi moi efémera. Segundo O Báb, a súa misión principal era preparar o camiño para "aquel ao que Deus ha de se manifestar", o que foi prometido nas escrituras sagradas de todas as grandes relixións do mundo.
O crecente número de persoas que se adherían a estas novas ensinanzas alarmou ás autoridades políticas e relixiosas de Persia. O Báb e os seus seguidores foron perseguidos, sendo encadeado e finalmente fusilado en Tabriz, Persia (actual Irán) o 9 de xullo de 1850. A súa misión durou seis anos.
Bahá'u'lláh Mírzá Husayn-`Alí, a quen O Báb deu o título de Bahá'u'lláh (en árabe ‘gloria de Deus’), era un nobre e un dos primeiros seguidores importantes do Báb. Foi arrestado e encadeado en 1852 durante unha gran persecución contra os babíes. No seu confinamento nos alxubes do Síyah-Chál en Teherán, creu recibir os primeiros indicios de que el mesmo era quen fora profetizado polo Báb. Once anos despois, exiliado en Bagdad (entón parte do Imperio Otomán), anunciou de xeito formal a súa misión á súa familia e a un pequeno grupo de seguidores.
A maquinación das autoridades persas e otománs foron levando a Bahá'ou'lláh de exilio en exilio: de Bagdad a Istanbul, logo a Edirne e finalmente á colonia penal de Acre (actual Israel) en 1868. Bahá'u'lláh permaneceu en Acre ata o seu falecemento o 29 de maio de 1892, tras corenta anos de exilio e confinamento. A Fe Bahá'í considera o seu sepulcro nos arredores da cidade como o lugar máis sagrado do mundo. Os fieis realizan as súas pregarias cada día orientados na dirección dese lugar.
O outro lugar santo do bahaísmo en Israel é a tumba ou Santuario do Báb, nas abas do Monte Carmelo en Haifa. Os restos mortais do Báb foron trasladados en segredo desde Persia ata Terra Santa e soterrados no santuario construído e deseñado para ese propósito por Bahá'u'lláh.
Bahá'u'lláh escribiu o equivalente a máis de cen volumes de textos que os bahá'ís consideran inspirados por Deus, tanto en árabe como en persa. O principal repertorio das leis da revelación de Bahá'u'lláh é o Kítab-i-Aqdas (o libro máis sagrado). O segundo en importancia é o Kitab-i-Iqan, composto en Bagdad e que reúne os trazos elementais da teoloxía bahá'í.
`Abdu'l-Bahá `Abbás Effendi era o fillo máis vello Bahá'u'lláh', coñecido polo título de `Abdu'l-Bahá (Servo de Bahá). `Abdu'l-Bahá ´foi designado como o “Centro da Alianza”, “Cabeza da Fe” e intérprete único das escrituras de Bahá'u'lláh.
`Abdu'l-Bahá compartira co seu pai o exilio e o cárcere. O seu confinamento durou ata que foi excarcerado con motivo da revolución dos Mozos Turcos en 1908. Pouco despois da súa liberación, `Abdu'l-Bahá viaxa a Europa e aos Estados Unidos para proclamar os ensinos do seu pai e impulsar o desenvolvemento das incipientes comunidades bahá'ís que xurdiran en varios sitios de Europa, os Estados Unidos e o Canadá. Moitas das súas conferencias e charlas foron gravadas e publicáronse en libros baixo os títulos de A sabedoría de `Abdu'l-Bahá e A promulgación da paz universal. Outra das obras de `Abdu'l-Bahá, que sentou as bases da expansión e consolidación da comunidade mundial bahá'í, é unha serie de documentos chamados Táboas do plan divino. Tamén mantivo unha copiosa correspondencia con persoas e comunidades bahá'ís durante moitos anos, e moitas desas epístolas ou Táboas traducíronse e foron publicadas en varias linguas.
`Abdu'l-Bahá faleceu en Haifa o 28 de novembro de 1921.
A Alianza de Bahá'u'lláh e a división Desde os seus inicios no babismo, o bahaísmo non estivo exento de disputas internas. Xa baixo Baha'ou'llah tivo lugar unha diverxencia (finalmente escisión) entre el e o seu medio irmán máis novo, Subh-i-Azal, a quen O Báb nomeara vagamente como o seu sucesor, suxeito ao consentimento de Aquel ao que Deus ha de se manifestar Bahá'u'lláh. Os seguidores de Subh-i-Azal comezaron a coñecerse como azalíes, mentres que os seguidores de Baha'u'llah eran coñecidos como bahá'ís. Actualmente subsisten algúns milleiros de azalíes, principalmente en Irán.
A teoloxía bahá'í afirma que non son posibles os cismas permanentes dentro da Fe Bahá'í, aínda recoñecendo intentos con este propósito, do mesmo xeito que noutras relixións anteriores. Desde o inicio do bahaísmo, e co falecemento de cada figura central de autoridade, han ter lugar intentos de facerse co control do bahaísmo ou de disgrega-lo. Os bahá'ís pertencentes ao grupo maioritario leal á Casa Universal de Xustiza con sede en Haifa, Israel, cren que cada unha destas tentativas en contra dos bahaís acabaron esvaecéndose nas tebras grazas á protección da Alianza, que consiste basicamente no testamento e última vontade escritos por cada un dos "centros da alianza". Nestas vontades escritas inclúense instrucións sobre como os bahá'ís deben resolver os conflitos de opinión, en caso de xurdir. A seguinte cita de 'Abdu'l-Bahá bota luz sobre isto inequivocamente:
No entanto, outros textos, incluídos algúns de 'Abdu'l-Bahá, deixan claro que existirían tales intentos:
Aqueles que negan e se rebelan publicamente contra a sucesión establecida de autoridade coa intención de facerse co liderado adoitan ser declarados "quebrantadores da Alianza" e expulsados da comunidade bahá'í. Segundo os ensinos relixiosos da Fe Bahá'í, o obxectivo da Alianza é salvagardar a unidade da comunidade bahá'ís e protexela fronte a posibles cismas. Algúns critican o uso da ameaza de declaración de quebrantador do convenio por parte das autoridades relixiosas bahá'ís como medio para coartar a liberdade de expresión.
A tentativa cismática máis recente remóntase a 1960, cando Charles Mason Remey fixera un chamamento para que a comunidade bahá'í o recoñecese como "cabeza da fe". Un pequeno grupo aceptou a Remey namentres a maioría rexeitouno e seguiu fiel á Casa Universal de Xustiza de Haifa. O grupo de Remey escindiuse en varias faccións, a meirande fíxose chamar bahá'ís ortodoxos. Trala morte de Remey en 1974, o seu grupo sufriu máis escisións. Unha historia destes conflitos segundo a perspectiva da Casa Universal de Xustiza existe na web bahá'í.
Cronoloxía breve 12 de novembro de 1817, Nacemento de Bahá'u'lláh 20 de outubro de 1819, Nacemento do Báb 23 de maio de 1844, Declaración do Báb en Shiraz, Irán. 9 de xullo de 1850, Martirio do Báb en Tabriz, Irán. 15 de outubro de 1852, Durante o seu confinamento de catro meses nunha alxube de Teherán, Bahá'u'lláh afirma recibir os primeiros indicios de que é el mesmo quen foi agoirado polo Báb. 12 de xaneiro de 1853, Bahá'u'lláh exíliase en Bagdad. 23 de abril de 1863, Declaración de Bahá'u'lláh no Xardín de Ridván, en Bagdad, en véspera do seu exilio en Istanbul. 31 de agosto de 1868, Chegada de Bahá'u'lláh á colonia penal de Acre. 29 de maio de 1892, pasamento de Bahá'u'lláh. 1893, a Fe Bahá'í é mencionado por vez primeira por un xornal estadounidense. 1898, Primeira peregrinación de crentes occidentais, incluíndo a Phoebe Hearst e ao primeiro crente afroamericano, Robert Turner, a Terra Santa, onde visitaron a `Abdu'l-Bahá no cárcere. Setembro de 1908, `Abdu'l-Bahá é excarcerado aos 64 anos de idade, logo dunha vida de exilio e prisión. Abril-decembro de 1912, Viaxes de `Abdu'l-Bahá aos Estados Unidos de América 1914-1918, primeira guerra mundial. `Abdu'l-Bahá escribe as Táboas do Plan Divino. 27 de abril de 1920, `Abdu'l-Bahá é ordenado Cabaleiro do Imperio Británico en recoñecemento do seu labor humanitario durante a primeira guerra mundial. 28 de novembro de 1921, Falecemento de `Abdu'l-Bahá en Haifa (Esta data marca o final da "idade heroica da Fe Bahá'í" e o inicio da "idade formativa" segundo Shoghi Effendi) 1937, Shoghi Effendi lanza o "plan divino" para a difusión do bahaísmo no mundo. 1944, Publicación de Deus pasa, de Shoghi Effendi. 1951, Once Asembleas Espirituais Nacionais en funcionamento. 1951-1957, Shoghi Effendi nomea 32 "mans da causa de Deus" adicionais. novembro de 1957, falece Shoghi Effendi. 1957-abril de 1963. A Fe Bahá'í é dirixido polos 27 restantes "mans da causa". abril de 1963, Elíxese a primeira Casa Universal de Xustiza mediante representantes de 56 Asembleas Espirituais Nacionais reunidos en Haifa.
Síntese dos principios da Fe Bahá'í Os principios nos que cren os bahá’ís e que constitúen a base da súa acción están resumidos nun texto de Shoghi Effendi, descendente de Bahá’u’lláh. Velaí o extracto do seu libro "Deus pasa preto de nós" :
A Fe bahá’í recoñece a unidade de Deus e dos seus profetas, sostén o principio da busca sen trabas da verdade, condena todas as formas de prejuízo e de superstición, ensina que a fin da relixión é a de promover a amizade e a concordia, proclama que debe ir á par da ciencia, e afirma que é o principal factor de pacificación, de orde e de progreso da sociedade. Afirma sen equívocos o principio de igualdade de dereitos, de oportunidades e de privilexios para os homes e para as mulleres, recomenda a educación obrigatoria, elimina os extremos de riqueza e de pobreza, eleva ao rango de adoración o traballo cumprido con un espírito de servizo, recomenda a elección dunha lingua auxiliar internacional, e propón as institucións necesarias para estabelecer e perpetuar unha paz duradoura e universal.
Regras relixioso-sociais As regras de comportamento social da Fe Bahá'í proveñen primeiramente do Kitáb-i-Aqdas, escrito por Bahá'u'lláh. As que seguen son unhas poucas das leis e observancias relixiosas básicas:
Os bahá'ís adultos (desde a idade de 15 anos) recitan obrigatoriamente unha oración cada día. Hai tres de tales oracións entre as cales se pode escoller unha para cada día. O lercheo* e a murmuración están prohibidos e denunciados. Os adultos bahá'ís, con boa saúde, observan un xaxún de 19 días, de sol a sol, cada ano, entre o 2 de marzo e o 20 de marzo. Os bahá'ís teñen prohibido beber alcohol e tomar drogas, salvo prescrición médica. As relacións sexuais só están permitidas en matrimonio, entre un home e unha muller; as relacións homosexuais non están permitidas. Os xogos de azar están estritamente prohibidos.
Ensinos e leis Os ensinos básicos de Bahá'u'lláh son estas: Só hai unha deidade suprema (Deus) e é incognoscible para o home.
Bahá'u'lláh escribe respecto diso:
"Tan perfecta e abarcadora é a súa creación que nin mente nin corazón, non importa a súa pureza ou perspicacia, poderá alcanzar a enxergar a natureza da máis insignificante das súas criaturas; moito menos medir o misterio daquel que é a estrela diúrna da verdade, que é a esencia invisible e incognoscible...".
ademais